Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os desafíos da ciberseguridade no tecido produtivo, ao detalle no Club Financeiro Atlántico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os desafíos da ciberseguridade no tecido produtivo, ao detalle no Club Financeiro Atlántico

Redacción
Publicado: 08/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ciberseguridade-5.jpgA Escola de Finanzas e a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) organizan esta semana un encontro profesional dirixido a atallar e frear as ameazas intelixentes que proliferan nas contornas dixitais con recursos análogos: metodoloxías avanzadas e intelixentes. A xornada Intelixencia & Ciberseguridade. Retos ante un mundo global desenvolverase no Club Financeiro Atlántico, na Coruña, o vindeiro venres día 10 a partir das 9:30 horas. O seminario, que será inaugurado por Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, responde ao reto a prol da protección dixital da Escola de Finanzas, responsable da posta en marcha de recurso como a Unidade Académica de Intelixencia e Ciberseguridade, que responde ás demandas do tecido empresarial galego e que ten o obxectivo de “achegar formación a todo o capital humano das empresas así como aos candidatos que se incorporen a elas”.
A respecto dos porqués da organización da xornada, a Escola de Finanzas salienta que “as ameazas intelixentes comezan a acaparar protagonismo e a asentarse como unha preocupación e un reto para os CISO na defensa das contornas dixitais e os sistemas da información”. Desta maneira, grazas á crecente converxencia entre a seguridade física e a informática, o compromiso corporativo coa seguridade integral aumentou. Dese compromiso e da necesidade de darlle resposta abrollan actividades como a xornada do día 10. Nela participarán representantes do noso tecido tecnolóxico-dixital, como por exemplo o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, que intervirá na mesa redonda O desafío da ciberseguridade, xunto con outros relatores como Roberto Baratta, director de Loss Prevention de ABANCA, e Antonio Bueno Iglesias, xefe do Servizo de Infraestruturas e Arquitectura Tecnolóxicas do SERGAS. Moderará Rafael Ave, director da Área de Transformación Dixital e Ciberseguridade de Emetel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?