Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O acceso á cultura na era dos móbiles, polo miúdo hoxe na sede do CCG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O acceso á cultura na era dos móbiles, polo miúdo hoxe na sede do CCG

Redacción
Publicado: 09/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usando_tableta.jpgHoxe ás 9.30 horas inaugúrase en Santiago, na sede do Consello da Cultura Galega, unha xornada dirixida a avaliar polo miúdo as transformacións que están a imprimir as TIC nos nosos hábitos diarios de comunicación e acceso á cultura. A apertura de actividades virá da man do presidente do CCG, Ramón Villares, e do coordinador da xornada, Xosé López. O evento Sociedade móbil e cultura: novos e vellos desafíos será unha oportunidade para ver ata onde chegamos en materia de comunicación móbil e albiscar o que nos reserva o futuro neste ámbito. Segundo avanza o CCG, todo indica a que este modelo comunicativo e cultural (tendo en conta o espectacular medre no tráfico de mensaxes nos dispositivos móbiles) “veu para quedar”. A xornada conta na comisión organizadora con Manuel Gago, Xosé López García e Alba Silva.
O CCG tamén lembra que os datos recentes achegan evidencias claras sobre a importancia destes dispositivos no ámbito da comunicación e da cultura: no ano 2016, o tráfico de Google alcanzou a marca do 50 por cento para dispositivos móbiles por primeira vez, fronte a un 42 por cento nos dispositivos de escritorio. E no ano 2017 esta cifra medrou ata o 60 por cento, mentres o de Facebook pasou do 78 por cento ao 87 por cento.
Neste contexto, o obxectivo desta xornada é “analizar como a sociedade móbil está a mudar usos e consumos de produtos culturais”. Trátase, engade o CCG, “de dispoñer de visións do novo marco, nas vésperas da cuarta revolución industrial, e da situación da cultura galega nese escenario en construción”.

Programa da xornada

9:15 horas – Inauguración
9:30 horas – Contornas de información ubicua. Catálogo de desafíos pendentes – Juan Miguel Aguado. Universidad de Murcia. Director xeral de RTRM
10:30 horas – Produción e consumo de información en móbiles. Unha visión do panorama europeo – Oscar Westlund. Götegorgs Universitet
11:30 horas – Descanso
12:00 horas – Periodismo móbil e cultura móbil – Koldobika Meso Ayerdi. Euskal Herriko Unibertsitateak
13:00 horas – O móbil como oportunidade para producir contidos e intervir
João Canavilhas. Universidade da Beira Interior
16:30 horas – A comunicación política na sociedade móbil: oportunidades e retos nunha contorna híbrida – Andreu Casero-Ripollés. Universitat Jaume I
17:30 horas – Oportunidades da comunicación móbil para os actores culturais: o prosumo como actividade creativa – Eva Campos. Universidade de Valladolid
18:30 horas – A conquista de novos territorios comunicativos para a cultura galega – Manuel Gago. Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela
19:30 horas – Clausura – Trazos e identidades dunha cultural con identidade e migrante – Ramón Villares. Presidente do Consello da Cultura Galega

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?