Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A directora da AMTEGA destaca a importancia da ciberseguridade para protexer os servizos públicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A directora da AMTEGA destaca a importancia da ciberseguridade para protexer os servizos públicos

Redacción
Publicado: 10/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20170316_mar_pereira.jpgA transformación dixital converteu a ciberseguridade nun elemento inherente ao funcionamento de empresas e institucións, que precisan perfís cun alto grao de especialización para implementar os seus plans de seguridade. Durante a inauguración da xornada Intelixencia e Ciberseguridade, que se celebra hoxe na Coruña a directora da AMTEGA, Mar Pereira, acompañada polo director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, sinalou que a Administración autonómica busca «ofrecer máis e mellores servizos dixitais pero tamén dinamizar o seu uso, xerando un clima de confianza, que require da colaboración conxunta de gobernos, corpos e forzas de seguridade e sector tecnolóxico».

Contidos
  • Alta demanda de perfís especializados
  • Adaptación ao novo Regulamento Europeo

Alta demanda de perfís especializados

En 2016 o Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE) contabilizou 115.000 incidentes informáticos a empresas e particulares en España, un 130% máis que os 50.000 rexistrados o ano anterior. Esta estatística sitúa a España como o terceiro país máis atacado do mundo, tras Estados Unidos e Reino Unido. Para afrontar esta realidade, as organizacións públicas e privadas precisan de perfís cun alto grao de especialización difíciles de atopar.
A Unión Europea calcula que en 2025 haberá unha carencia de 825.000 perfís tecnolóxicos, que continuará aumentando se non e toman as medidas para paliala. Desde a Xunta apóstase pola colaboración conxunta entre administracións, universidades e sector TIC para captar talento tecnolóxico.

Adaptación ao novo Regulamento Europeo

Un dos retos actuais para empresas e administracións públicas é a adaptación ao novo Regulamento Europeo de Protección de Datos, que entrará en vigor en maio de 2018. Esta lei que incorpora novos dereitos para os cidadáns como o dereito ao esquecemento, o consentimento expreso ou a portabilidade dos datos e implica un maior compromiso das organizacións públicas e privadas coa protección de datos.
A Administración autonómica está a abordar este proceso no marco do Plan Director de Seguridade TIC da AMTEGA. Nos dous últimos anos as medidas deste Plan incrementaron a capacidade de prevención, detección e reposta ante incidentes de seguridade e facilitaron unha maior colaboración cos corpos e forzas de seguridade do Estado, achegando información de valor para axudar na investigación de posibles de delitos relacionados co ciberespazo. O Plan incide ademais na concienciación dos empregados públicos, cuxa implicación é fundamental no proceso transformación dixital da Administración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?