Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG salienta a relevancia dos móbiles para culturas minorizadas como a galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG salienta a relevancia dos móbiles para culturas minorizadas como a galega

Redacción
Publicado: 10/11/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20171109_xornada_sociedademobilecultura_xoselopez_ramonvillares_dsc3630.jpgQue oportunidades ten a cultura galega na era dos dispositivos móbiles? Esta foi unha das moitas preguntas formuladas, directa e indirectamente, na xornada Sociedade móbil e cultura: novos e vellos desafíos organizada polo Consello da Cultura Galegas para, entre outras cousas, comprobar ata que punto chegamos en materia de comunicación móbil e cultura, e avanzar algunha das novidades que nos agardan. A xornada contou na comisión organizadora con Manuel Gago, Xosé López García e Alba Silva, e foi inaugurada por Ramón Villares, presidente do CCG, quen asegurou que “non todo se resolve con máquinas e cómpre pensar e tratar de adaptar a cultura aos soportes que ten a sociedade”.
Participou, entre outros, Koldo Meso, da Euskal Herriko Unibertsitateak, que partindo dunha serie de cifras sobre o noso uso dos aparellos TIC (a media europea de minutos diarios ao móbil, que son 170, ao computador 120, e ás tabletas 75), afirmou que “o futuro pasa por Internet e pola creación de novos produtos e novos nichos de mercado”. Avogou así pola importancia da innovación nos medios nun contexto marcado pola crise, unha focha produtiva que fixo que en 2015 se pecharan en España 375 medios de comunicación. Segundo fixo saber, o grande reto é crear contidos, reordenar redaccións a ese novo entorno e, tamén, aproveitar o tráfico.
A xornada comezou cun relatorio de Juan Miguel Aguado, da Universidade de Murcia, que explicou que a información é hoxe en día ubicua, “porque se pode levar dun lado a outro”. Situou esa capacidade en tres vectores: o relacional, o identitario e o ambiental. Aguado, que traballa en contidos para dispositivos móbiles desde o ano 2003, destacou o papel do contido que “deixa pegada, se pode empregar e tamén se pode monetizar”.
Pechou a sesión da mañá João Canavilhas, da Universidade da Beira Interior, cun relatorio no que puxo de manifesto a oportunidade dos dispositivos móbiles para producir contidos e intervir na sociedade.
Pola tarde Andreu Casero-Ripollés, da Universitat Jaume I, falou sobre a comunicación política na sociedade móbil, que definiu como un “terreo pouco explorado, infravalorada e infrautilizada”. Na súa opinión os móbiles poden achegar moito á comunicación política en tres niveles: acceso, organización e conexión.
Eva Campos, da Universidade de Valladolid, debullou as oportunidades da comunicación móbil para os axentes culturais, no que definiu como “prosumo”, a suma de produción máis o consumo de bens e servizos. Manuel Gago, director do portal Culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega, pechou os relatorios facendo unha prospectiva da evolución de Internet para os vindeiros anos e o impacto que pode desenvolver en culturas minorizadas como a galega. Nese sentido fixo unha relación de estratexias concretas e puxo sobre a mesa aplicacións que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega como a máquina do tempo, que avanzamos os días pasados dende Código Cero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?