Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A canción Son muller revoluciona as redes coa súa mensaxe contra a discriminación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A canción Son muller revoluciona as redes coa súa mensaxe contra a discriminación

Redacción
Publicado: 13/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

son_muller_mozas_de_teo.jpgAs gañadoras do primeiro premio do certame Quero cantar, promovido pola Deputación da Coruña co obxectivo de difundir a lingua galega e a creatividade poética e musical na mocidade, están a deixar unha fonda pegada nas redes sociais co vídeo-clip da súa canción Son muller, na que defenden a igualdade de xénero. Segundo nos conta a entidade provincial, o grupo de Teo integrado por Lúa, Valeria, Ruth, Ana, Sara, Carme, Cristina e Candela, coñecido nos ámbitos artísticos como a banda Máis boas cás patacas, conseguiu, en poucas horas, que milleiros de persoas reproduciran o devandito tema musical nas redes sociais (5.000 visualizacións ás poucas horas no Facebook de Quero cantar e, días despois, este 13 de novembro, 22.000 visualizacións). A mensaxe para os fogares e para os centros de ensino é ben clara: cómpre promover a igualdade e eliminar a discriminación das mulleres.
Como dixemos, o grupo de Teo acadou o pasado 20 de outubro o primeiro premio do concurso promovido pola Deputación Provincial da Coruña. Co seu tema Son muller, as oito mozas de Teo reivindican os dereitos e a igualdade para as mulleres. O éxito da canción e do vídeo deixouse notar dende a obtención do dito recoñecemento: dende aquela, distintos centros de ensino puxéronse en contacto coa Deputación da Coruña para poder empregar o videoclip como material didáctico nas aulas.
Segundo a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, o vídeo “contribuirá á defensa da igualdade e á eliminación da discriminación cunha mensaxe que parte de xente das propias mozas co cal resultará moito máis eficaz con xente da súa idade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?