
Arteche tamén explicou que a estratexia de medre do Grupo desenvolverase “baixo dous enfoques estratéxicos”. Por unha banda, o espallamento da súa cobertura de rede nas zonas que aínda non dispoñen de acceso ao seu servizo nos mercados naturais nos que xa desenvolve a súa actividade (é dicir, Euskadi, Galicia e Asturias, que ten previsto engadir á cobertura da súa rede de fibra 80.000 novos fogares e 6.200 novas empresas deste tres territorios), un proceso que será posible grazas ao acordo acadado con Orange, que permitirá ao Grupo tirar proveito das redes FTTH despregadas por Orange nestas zonas. Por outra banda, a estratexia abrangue o afianzamento nos territorios lindeiros citados, unha liña de traballo que comezará o seu desenvolvemento en 2018 coa actividade de Euskaltel en Navarra (comezando por Iruña-Pamplona e logo por Ansoain).
O Grupo Euskaltel quere ampliar mercado e chegar a 7,6 millóns de usuarios
Compartir Este Artigo

