Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A xira dos 50 anos do COIT chega á nosa terra cunha viaxe no tempo aberta a todos os públicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A xira dos 50 anos do COIT chega á nosa terra cunha viaxe no tempo aberta a todos os públicos

Redacción
Publicado: 14/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

miguel-angel-valero-probando-la-vr-del-coit.jpgNo verán-outono de 1967 comezaba oficialmente a súa andaina o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións (COIT), unha das entidades profesionais que máis ten traballado polas melloras comunicativas no territorio estatal. Para celebrar este medio século e as moitas actividades realizadas ao longo dese tempo, a entidade ten programada para esta recta final de 2017 unha manchea de accións de gran interese para todas as xeracións. Entre as actividades previstas salienta unha experiencia de realidade virtual inmersiva aberta ao público que permite interactuar en diferentes momentos históricos. Esta iniciativa percorre diferentes puntos da xeografía española mostrando a historia das telecomunicacións e “o rol fundamental dos enxeñeiros de Telecomunicación na transformación da sociedade”. Grazas ao Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), esta experiencia aberta a todos os públicos percorrerá as cidades de A Coruña, Pontevedra e Vigo.
Entre os días 15 e 19 de novembro poderase experimentar no museo interactivo Domus de A Coruña, coincidindo coa conmemoración da Semana das Ciencias. Os días 21 e 23 de novembro trasladarase ao Museo de Pontevedra e finalizará o percorrido na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo, na que o equipo de realidade virtual estará ó servizo dos usuarios os día 27, 28 e 29 do mesmo mes de novembro. A entrada aos museos terá carácter gratuíto.
Segundo informa o COIT e reflicte o COETG, a traveso desta visualización en realidade virtual a entidade estatal quere dar a coñecer a profesión do enxeñeiro de Telecomunicación á sociedade. Búscase tamén poñer en valor o labor da institución no seu medio século de vida, e subliñar a importancia das telecomunicacións na Sociedade.
A historia das telecomunicacións como nunca a viras antes!
Grazas á realidade virtual o usuario convértese en protagonista activo da historia, permitíndolle trasladarse ata 1912 á sala de telégrafos do Titanic no momento do afundimento, e poder dar o aviso de emerxencia SOS máis famoso da historia a través do código Morse salvando a vida a máis de 700 persoas, ou vivir en primeira persoa a invasión alieníxena de Orson Welles en 1938 grazas á radio. Ademais, o usuario poderá rememorar a primeira conexión telefónica da historia en 1878 e pasar unha chamada, ou ser testemuña do momento en que Armstrong en 1969 pisou a lúa, aquel histórico paso para o home e que se retransmitiu en directo ante máis de 500 millóns de telespectadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?