Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As mulleres innovadoras, protagonistas dos quintos Premios Emprende Gaiás
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As mulleres innovadoras, protagonistas dos quintos Premios Emprende Gaiás

Redacción
Publicado: 15/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sixto_seco_donocjlw0aauua9.jpgFinalmente as mulleres foron as grandes protagonistas da quinta edición dos Premios Emprende Gaiás – Sixto Seco, entregados onte polo consellería de Cultura e Educación, Román Rodríguez, nun acto que tamén contou coa presenza da xornalista Belén Xestal (presentadora da gala), o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo; o presidente de Afundación (patrocinadora do certame), Miguel Ángel Escotet Álvarez; e o xerente de IGAPE Nova (colaboradora), Guillermo Viña. O premio Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en Internet foi dar a WCube, unha plataforma en liña especializada en mediar en operacións de compra-venda de arte entre particulares e artistas (noveis e expertos).
sixto-seco_donocqqwsaehkbi.jpgWCube vén da man de Gabriela Lusquiños Santos e diríxese a dar visibilidade aos artistas locais. Segundo se lembrou na gala, “non se trata só dunha galería senón que artista e visitantes interactúan nunha comunidade buscando desta forma un enriquecemento común”.
Pola súa banda, o galardón Deseño, creación artística e plástica foi dar a Kandoro, un recurso didáctico para docentes e familias que lles facilita contidos curriculares de educación infantil, a través dunha innovadora proposta: unha cidade de cartón onde todos os elementos están dispostos para mover o maxín das crianzas e favorecer o xogo en familia. A súa creadora é Inés Rodríguez Sacristán.
sixto-seco_donodrux0am_jzp.jpgNa categoría de Xestión cultural o premio recaeu en Soundslikemarket, de Tamara Rodríguez Silva. Consiste nunha plataforma de xestión cultural que permite a posta en contacto por parte dos profesionais dos distintos ámbitos do sector musical para a produción e difusión de eventos musicais. O proxecto, en palabras do xurado, “pretende resolver o problema das barreiras de entrada na industria da música co obxecto de facilitar a creación de proxectos culturais ao poñer ao servizo de usuarios e clientes: perfís profesionais que cubran todas as áreas implicadas na xestión destes proxectos”.
A quinta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco recibiu preto de 30 proxectos relacionados co deseño, Internet e xestión cultural. A hora de avaliar as iniciativas, o xurado tivo en conta “o carácter innovador e a creatividade da idea presentada; as posibilidades de se converter nun proxecto viable; a adecuación da iniciativa á modalidade presenta; a integración de perfís profesionais dos participantes; e a súa capacidade dinamizadora e o impacto na súa área de influencia”.
Os proxectos gañadores recibiron un premio en metálico de 2.000 euros e incorporaranse de balde durante doce meses ao espazo de co-working do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, onde recibirán apoio ao longo deste ano a través dun programa de asesoramento personalizado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?