Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores e alumnado da UVigo impulsan unha aplicación para mostrar a nosa historia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores e alumnado da UVigo impulsan unha aplicación para mostrar a nosa historia

Redacción
Publicado: 15/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_crosscult-2.jpgEstes días estase estase a probar dende a Universidade de Vigo unha aplicación que impulsa o coñecemento da cultura e da historia, e faino tirando proveito da tecnoloxía semántica e do reemprego de contidos dixitais. A ferramenta desenvolveuse ao abeiro do proxecto europeo CrossCult e nel participan, xunto con outros dez entidades sociais, investigadores da Facultade de Historia do Campus de Ourense e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do Campus de. Entre outras cousas, CrossCult salienta por abrir novas e interesantes vías de colaboración entre investigadoras/es TIC e investigadoras/es de humanidades e ciencias sociais. O alumnado de Historia traballou os días pasados pondo a proba a primeira versión da dita aplicación. Unha das equipas colaboradoras é o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio GEAAT. A aplicación, sinala o grupo, consiste nunha ferramenta que conecta diferentes enclaves arqueolóxicos europeos de época romana ligados á auga e á saúde.
Este enclaves son o Balneario de Lugo; o Balneario de Chaves, en Portugal; Montegrotto Terme, en Italia, e o Santuario de Epidauro, en Grecia. A ferramenta, en palabras da dita equipa, busca ofrecer aos visitantes de cada un destes emprazamentos históricos información específica sobre eles pero tamén información que os vencelle con outros enclaves citados, poñendo o foco “no moito que une á cultura europea”. O obxectivo último é “acadar que a información sobre cada xacemento chegue ao maior número de xente e do xeito máis ameno posible”.
uvigo_crosscult_pantalla.jpgCon esta meta fixada e unha vez rematado o primeiro bosquexo da aplicación, este mes de novembro o alumando da Facultade de Historia do campus de Ourense está a colaborar no proxecto probando a primeira versión da dita tecnoloxía en dous xacementos próximos: o de Lugo e o de Chaves. Se hai uns días, alumnado do centro acudiu ao balneario lucense para coñecer a súa historia e probar in situ a ferramenta, este venres fará o mesmo no Balneario de Chaves, en Portugal. Segundo informa a Universidade de Vigo, as visitas permiten aos estudantes coñecer o pasado romano e termal destes enclaves e logo tirar partido da aplicación e a súa utilidade en base ao coñecemento adquirido. A ferramenta, por certo, ten feitura de xogo, con preguntas, respostas e ligazóns.
As investigadoras de GEAAT engaden, a respecto da participación dos estudantes, que as valoracións e achegas recibidas permitirán “ir mellorando a aplicación a medida que se constrúe, contribuíndo ao obxectivo de facela o máis atractiva e fácil de manexar posible”. O grupo tamén ten a previsión de que o público xeral avalíe a eficacia do recurso informático, antes de pechar deseño e contidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?