Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 85% da mocidade galega usa aplicacións de mensaxes instantáneas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 85% da mocidade galega usa aplicacións de mensaxes instantáneas

Redacción
Publicado: 15/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usando_aplicacion.jpgAsus vén de realizar unha investigación sobre o uso que as novas xeracións lle dan ás novas tecnoloxías móbiles no ámbito estatal. O estudo Asus, mocidade e tecnoloxía, realizado para determinar e mostrar o papel que xogan os dispositivos nas relacións entre a xente nova, ten unha vertente galega cunha serie de datos de interese. Por exemplo: que o 85 % dos mozos da nosa terra emprega aplicacións de mensaxes instantáneas. Porén, na investigación tamén se reflicte que na nosa Comunidade non nos excedemos en tempo diante das ditas ferramentas: só o 15% da xuventude galega emprega este tipo de apps móbiles polo menos tres horas ao día, contrastando co 25% dos madrileños e o 23% dos andaluces.
A nivel estatal, o 56%% dos enquisados confesa tirar proveito dos dispositivos tecnolóxicos para falar cos seus amigos polo menos unha vez ao día, aínda que esta porcentaxe varía segundo o rango de idade. Así, o 64% das persoas que se atopan no treito comprendido entre os 18 e os 25 anos recoñece estar en contacto constante cos seus amigos, mentres que a taxa cae ao 50% entre os 26 e os 35 anos.
O estudo desvela que entre as aplicacións de mensaxes instantáneas, Whatsapp é a ferramenta de comunicación favorita para os mozos cun 85%, seguido polas redes sociais cun 9% e as chamadas telefónicas cun 6%. En canto ás redes sociais, un 53% dos mozos utilízaas para manterse ao día do que fan as súas amizades.
No estudo tamén se di que só un 7% dos enquisados recoñece empregar as ditas ferramentas para ligar ou coñecer xente nova. Neste senso, percíbense diferenzas significativas entre Comunidades. De feito, a mocidade galega é a que máis utiliza as aplicacións para tal fin (9%), seguida polos madrileños e os andaluces (ambos cun 8%). En cambio, só un 6% dos mozos cataláns enquisados afirma utilizar aplicacións tecnolóxicas para ligar.
No informe tamén se reflicte que o 73% dos mozos españois comunícase principalmente a través de ferramentas de mensaxes instantáneas coa súa parella, revelando un 51% facelo de forma continua. Por Comunidades, os valencianos acadan un 82%, seguidos polos cataláns cun 76%. Os que menos se comunican coas súas parellas a través das aplicacións son os galegos (67%) e os aragoneses (63%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?