Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Instituto Tecnolóxico de Galicia traballará en drons máis autónomos e seguros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Instituto Tecnolóxico de Galicia traballará en drons máis autónomos e seguros

Redacción
Publicado: 15/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

thyra_2.jpgO Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Star Defence Logistics & Engineering (SDLE, con sede en Madrid) veñen de unir forzas para crear a que sería a primeira Unidade Mixta de Investigación (UMI) da nosa terra especializada en avións non tripulados, UAV polas súas siglas en inglés. A iniciativa, que se encadra na cuarta convocatoria do programa de UMI da Xunta, chámase FASTFly e orixínase, en palabras do ITG, como resposta a unha demanda concreta do mercado actual: a dispoñibilidade de UAV e drons máis seguros, cunha meirande autonomía da que achegan arestora e con capacidade para traballar en espazos civís de complexidade. Ou sexa, que se busca aparellos con maior independencia e con máis marxe de manobra para contornas onde a día de hoxe estes vehículos non están permitidos.
A UMI tamén colabora xa na definición dun novo marco regulamentario que contemple voos autónomos e a súa integración no espazo aéreo.
O proxecto, que conta cun orzamento de máis de 2 millóns de euros, ten a súa sede central nas oficinas de ITG na Coruña e conta cun plan de desenvolvemento de ata 2020, para o que dispón dun equipo de traballo de doce investigadores, aos que cómpre engadir cinco novos postos de traballo.
zarek.jpgSegundo Analía López Fidalgo, enxeñeira de ITG e responsable da UMI, “o Instituto Tecnolóxico de Galicia é o encargado de xerar e transferir coñecemento en ámbitos como por exemplo a electrónica, a sensórica, o software e o regulamento aeronáutico, e todo co obxectivo de situar no mercado produtos acabados con todas as prestacións de comunicacións, autonomía, automatización, telemetría e sistemas de pilotos e xestión punteiros”.
Eduardo Faro, director de drons civís de SDLE, sinala que a empresa que representa encargarase “do deseño, fabricación e comercialización dos produtos”. A UMI, engade, “representa unha alianza de gran valor engadido para a nosa empresa porque axunta o talento e experiencia de ITG, o que nos vai a permitir dar un gran chimpo a nivel tecnolóxico e engadir novas funcionalidades aos nosos drons para voos a longa distancia”. A previsión de SDLE é acelerar procesos de innovación e desenvolvemento de novos produtos “con persoal moi cualificado en Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?