Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A celebración do Black Friday medrará en Galicia nun 22%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A celebración do Black Friday medrará en Galicia nun 22%

Redacción
Publicado: 16/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

black-friday-2017-1.jpgAchégase o Black Friday, o último venres de novembro (o 24) e isto significa, entre outras cousas, que moita xente vai tentar “solucionar” as compras de Nadal nunha única xornada (unha xornada moi acaida para descontos de todo tipo no ámbito tecnolóxico), que o mercado español segue adiante con esta celebración importada de Estados Unidos (será a sesta edición do evento no ámbito estatal) e que haberá novamente unha chuvia de cifras récord de vendas. Será Galicia unha excepción nesta tendencia? Pois segundo a plataforma experta na cuestión do Black Friday, Black-friday.sale, non o será. Segundo os seus datos, todo apunta a que a celebración medrará nun 22% en Galicia nesta edición 2017 (sendo a media estatal dun 21%).
A Coruña, ademais, repetirá como unha das cidades do ámbito estatal onde máis interese esperta o devandito evento comercial. En cuestión de comercio electrónico, Amazon foi o establecemento en liña máis buscado polos galegos durante o evento do ano pasado, abranguendo o 32% das procuras. Por temáticas, impuxéronse as novas tecnolóxicas, a telefonía e as viaxes.
A plataforma tamén informa que o ano pasado os galegos realizamos máis de 110.000 de procuras relacionadas co Black Friday.
En total, a empresa engade que polo menos tres de cada cen persoas en España realizaron durante novembro de 2016 unha procura relacionada co Black Friday. “Este evento”, engádese, “xa se converteu no máis importante en liña con máis de 1,8 millóns de procuras durante novembro do ano pasado; mentres que as rebaixas de inverno acumulan 135 000 procura en xaneiro”.
Para quen no o saiba a estas alturas, o nome de Black Friday (Venres Negro) vén dado porque os establecementos de EE UU adoitan vender unha chea de lotes e produtos un día despois da festa de Acción de Gracias, pasando a súa contabilidade do vermello ao negro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?