Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Elogia fai medrar a comunidade dixital arredor de Turismo de Galicia e o Camiño Xacobeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Elogia fai medrar a comunidade dixital arredor de Turismo de Galicia e o Camiño Xacobeo

Redacción
Publicado: 16/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

elogia_camino.jpgA axencia dixital Elogia, que conta con sede de seu en Vigo e un amplo equipo de profesionais galegos na súa equipa, é a gañadora do concurso para a xestión da comunicación dixital de Turismo de Galicia, órgano dependente da Xunta de Galicia e, como lembraremos, responsable da actividade autonómica relacionada co sector turístico, incluíndo unha manchea de campañas multiformato para dar a coñecer no mundo os atractivos da nosa terra. Precisamente, o obxectivo do concurso co que vén de facerse Elogia é “dar a coñecer en Internet e nas redes sociais a campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia”, co fin de manter “a sensibilización da poboación galega, nacional e internacional”, así como aos sectores implicados sobre os valores do turismo en Galicia”. Segundo nos contan dende Elogia, a axencia está a encargarse xa da estratexia global de comunicación nas redes sociais de Turismo de Galicia e Camiño Xacobeo (Facebook, Twitter, Instagram e Youtube) así como do blog da entidade.
Entre as accións principais destacan a xestión diaria das redes sociais, a creación dunha liña editorial propia con brandeado de imaxes e vídeo, o envío de boletíns informativos mensuais e a cobertura dos principais fitos do calendario que atinxan o turismo, entre outras actividades.
Facendo un algo de reconto, Elogia informa que en só tres meses dende a posta en marcha desta liña de traballo, xa se lograron máis de 3.200 novos seareiros en Facebook e máis de 1.700 seguidores en Instagram de Turismo de Galicia, así como máis de 750 fans no Facebook do Camiño Xacobeo e un aumento do 50% de seguidores en Instagram. Ademais, o aumento do engagement (fidelidade) respecto ao primeiro mes desde o inicio da estratexia é do 45%. Elogia, seguindo este fío, tamén salienta a través da creación do vídeo para o Camiño Xacobeo abranguéronse xa máis de 100.000 persoas, máis de 30.000 reproducións, máis de 3.000 reaccións e máis de 5.700 clics.
Ao respecto de todas estas cifras (e das que están por chegar), Xosé Manuel Merelles, xefe da área de Comunicación de Turismo de Galicia declara que “a área de Comunicación de Turismo de Galicia está satisfeita cos resultados do traballo de Elogia nas redes sociais da axencia ao longo do verán e o que vai de outono”. Tamén salienta o incremento da conversa nas nosas redes e o uso homoxéneo de todas as contas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?