Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede de Escolas na Nube senta os alicerces para estenderse a todo o noso rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede de Escolas na Nube senta os alicerces para estenderse a todo o noso rural

Redacción
Publicado: 17/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

img_20150218_100035057_hdr1.jpgO proxecto Rede de Escolas na Nube vaise ampliar a todas as Escolas Rurais Agrupadas de Galicia. Así o deron a coñecer este mes os impulsores actuais do dito proxecto, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a empresa Balidea e máis a Xunta (AMTEGA e a Consellería de Educación e Cultura). Como lembraremos, a Rede foi creada hai case oito anos co obxectivo de explorar (e explotar) as vantaxes da computación na nube (cloud computing) desenvolvidas na contorna das pequenas escolas rurais, na nosa terra os Centros Rurais Agrupados (CRA). O dito traballo foi posible na súa orixe grazas ao apoio financeiro que HP Labs emprestaba ao CESGA e en 2014 recibiu un importante pulo orzamentario para un proxecto europeo de cara a validar e mellorar os achados obtidos noutras zonas rurais e illadas de Europa. Agora, a Rede de Escolas de Nube volve recibir impulso coa posibilidade de espallarse a todo o noso rural.
A dita nova (o espallamento da iniciativa) deuse a coñecer nunha xuntanza entre a Consellería de Educación e AMTEGA, por unha banda, e os equipos directivos de todos os Centros Rurais Agrupados (CRAs) de Galicia. Na presentación da Rede de Escolas na Nube ofrecéuselles a posibilidade de incorporarse ao proxecto.
Como recordaremos, catro deles (o CRA Boqueixón – Vedra Neira Vilas, o CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez, o CRA Amencer de Ribadavia, e o CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso) están a participar desde 2012 como centros piloto ao abeiro da iniciativa.
O proxecto de innovación educativa Rede de Escolas na Nube xurdiu como colaboración entre o CESGA, quen coordinou a iniciativa, a empresa galega Balidea Consulting & Programming, a Consellería de Educación e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia.
Segundo se lembrou na xuntanza, a Rede de Escolas na Nube supón “un modelo de infraestrutura, servizos e metodoloxía de traballo baseado en computación cloud e software aberto ao servizo do ensino e a colaboración entre as escolas rurais distribuídas, creando unha rede na que se poidan compartir de maneira segura experiencias educativas, materiais e aprendizaxe, adaptada a contorna ás necesidades deste modelo de escola rural distribuída e multinivel”.
Asemade, fíxose fincapé nos bos precedentes abertos polo proxecto: “A Rede de Escolas na Nube é un claro exemplo dunha colaboración de éxito entre institucións públicas e privadas galegas”, unha iniciativa que, neste caso concreto, é quen de “repercutir nun beneficio directo para a sociedade, así como nunha aposta de futuro para a creación de produtos innovadores made in Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?