Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado de Belas Artes de Pontevedra somérxese na realidade virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado de Belas Artes de Pontevedra somérxese na realidade virtual

Redacción
Publicado: 17/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_belas_artes_realidade_virtual.jpgEsta semana o alumnado de Belas Artes do Campus de Pontevedra (UVigo) tivo ocasión de participar nunha experiencia de realidade virtual, reconstrución en 3D e vídeo en 360 graos. No obradoiro, impartido polo ex-estudante da Facultade e director do estudo Máxima, Carlos Seijo, brindóuselles aos estudantes (a través do emprego dun capacete específico, o casco HTC Vive) a posibilidade de facer cousas nunca imaxinadas, como por exemplo visitar in situ o estudo do artista Francis Bacon. A experiencia, impulsada pola profesora Sol Alonso, inseriuse no programa de formación extracurricular da facultade e xuntou alumnado da materia Proxectos videográficos e estudantes de mestrado e doutoramento. Como dixemos, os participantes tiveron ocasión de empregar o casco HTC Vive, un dispositivo que, a través do uso de dúas estacións de recoñecemento que rexistran o movemento do usuario, permítenlle moverse en tempo real por un espazo en 3D.
A cita virtual tivo un precedente nunha xeira de traballo celebrada a semana pasada. Nela, Seijo procurou achegar ao alumnado unha visión introdutoria das diferentes iniciativas que se están a levar a cabo no eido da realidade aumentada, “aquela que engade a unha contorna real outra serie de contidos que non se atopan nese lugar”, así como a outra serie de experiencias “como, por exemplo proxectos, que se están a facer no mundo da arte con hologramas”, sinalou.

O egresado e responsable do obradoiro, Carlos Seijo
O egresado e responsable do obradoiro, Carlos Seijo
Na sesión deste martes era a quenda de pór o foco no propio mundo da realidade virtual, un dos grandes eidos de traballo de Carlos Seijo como profesional, e un dos ámbitos principais de investigación e desenvolvemento de multinacionais punteiras como Google, Samsung, Facebook ou HTC. Segundo fixo saber, as ditas tecnoloxías teñen un amplo potencial ao abeiro dos equipos de creatividade formados en Belas Artes, titulados e tituladas “que incorporan na súa aprendizaxe unha serie de contidos que teñen que ver con ter pensado na arte”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?