Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense acolle os días vindeiros unhas xornadas a prol da igualdade nos videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense acolle os días vindeiros unhas xornadas a prol da igualdade nos videoxogos

Redacción
Publicado: 17/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_gamificacion.jpgOs días 28 e 29 de novembro vaise celebrar no Campus de Ourense unhas xornadas destinadas directamente a loitar a prol da igualdade de xénero na industria do videoxogo, un ámbito, todo hai que dicilo, onde segue a haber maioría profesional de homes e que fica aínda inzado (en forma e máis en contido) de estereotipos de xénero que cómpre superar. Estamos a falar das xornadas Videogamificación e sexualidades: identidades, xéneros e discursos interactivos. Consecuencias para a industria e a educación. A respecto dos porqués da organización deste encontro, as docentes María Isabel Doval, da Facultade de Ciencias da Educación, e Alma Rodríguez, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, teñen claros os moitos motivos polos que cómpre visualizar o sexismo no sector: “A industria do videoxogo segue lonxe dos estándares de igualdade que debería manter”.
Segundo engaden as coordinadoras da iniciativa, “cada vez son máis as mulleres de peso na industria e as protagonistas femininas nos videoxogos e tamén son xa case a metade da porcentaxe de xogadoras habituais”. Porén, matizan, “as mulleres só conforman o 22% do sector de desenvolvemento e un 10% do cadro de competidores e competidoras profesionais en ligas”. Neste contexto, recalcan, xorde a necesidade tanto de dar a coñecer “o verdadeiro papel da muller na industria, da man de xornalistas, desenvolvedoras, estudantes, artistas e xogadoras profesionais”.
As xornadas Videogamificación e sexualidades, patrocinadas pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, abranguerá conferencias, presenciais ou non, e diferentes mesas redondas e obradoiros prácticos, contando coa participación de expertos e expertas de diferentes eidos tanto do mundo profesional como académico. As actividiades arrancarán cunha conferencia sobre a reprodución de microculturas patriarcais e masculinidades hexemónicas a través dos videoxogos, a cargo de Jorge García, sociólogo da Universidade de Santiago de Compostela, e rematará cun obradoiro no que as persoas participantes probarán diferentes videoxogos para ver como se representa neles a sexualidade e levar a cabo unha análise crítica.
As xornadas están dirixidas sobre todo (aínda que non de xeito exclusivo), ao alumnado. As persoas interesadas poden inscribirse de balde ata o 26 de novembro en videojuegosygenero@uvigo.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?