Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación e o Concello de Lugo participan na estrea da nova sede da UNED, referencia en dotación TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación e o Concello de Lugo participan na estrea da nova sede da UNED, referencia en dotación TIC

Redacción
Publicado: 20/11/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_uned.jpgEste luns inaugurouse en Lugo a nova sede da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), un inmóbel destinado a ser un referente tecnolóxico por múltiples e variados motivos, pero, principalmente, pola avanzada dotación TIC da que fai gala, e tamén, porque a previsión é que unha parte importante do programa formativo que da sede lucense abrolle estea integrada por cursos e seminarios ligados ao eido tecnolóxico-dixital. As dependencias foron inauguradas polo presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López e o reitor da UNED, Alejandro Tiana. A nova sede, emprazada no antigo Hotel Miño, foi financiada pola entidade provincial con dous millóns de euros. Tanto o Concello como a Deputación como a propia UNED coincidiron na importancia de converter o inmóbel “no centro de referencia da Universidade no noroeste de España”.
No acto, amais da “botadura” da nova andaina do edificio, tamén se inaugurou o curso académico 2017-2018, para o que xa están matriculados preto de 2.000 lucenses, que lles tirarán proveito ás novas instalacións. Ademais, o presidente e a alcaldesa entregaron os diplomas a 30 dos 111 novos graduados pola UNED de Lugo.
Segundo fixo saber o presidente da Deputación, o edificio remodelado conta cun amplo número de aulas para titorías presenciais, cun salón de actos de gran capacidade para levar a cabo eventos como congresos ou simposios (dispoñible para entidades públicas e privadas); e cunha biblioteca e dun aparcamento propios e accesibles para todos os lucenses.
O presidente e a alcaldesa, ademais, supervisaron as derradeiras actuacións levadas a cabo no antigo Hotel Miño co remate dos traballos de dotación de aparcadoiro e zonas axardinadas, unhas obras que contaron cun orzamento de 215.000 euros.
Segundo fixeron saber, converter o Hotel Miño na nova sede da UNED en Lugo implicará unha serie de vantaxes a ter en conta, entre as que se inclúen económicas (“aforraranse os 105.000 euros anuais que actualmente se desembolsan no aluguer do edificio Forcam, propiedade da Cámara de Comercio, para as clases”) e espaciais (“gañarase espazo para acoller ós alumnos en constante aumento, xa que a UNED luguesa incrementou nun 15% o número de matriculados no 2013 con respecto ó ano pasado, acadando os 2.212).
Respecto da dotación tecnolóxica, o centro conectarase a Rede Iris (10 GB), o que permitirá, segundo se fixo saber, “poñer contidos dixitais audiovisuais de alta calidade na Rede”. Ademais, tanto o salón de actos como a aula de extensión universitaria achegarán a posibilidade de levar a cabo eventos que poderán ser emitidos por streaming de mellor calidade, ata agora limitados pola insuficiente capacidade de INTECCA.
Por outra banda, a Deputación, o Concello e a UNED sinalaron que dende a nova sede potenciarase, tanto cualitativa como cuantitativamente, o proxecto Cultura Dixital, ao servizo das asociacións culturais da provincia (coa idea de ampliar estes servizos ao resto de Galicia así como ao Norte de Portugal).
A maiores, dende as novas dependencias poderanse abordar novos programas de formación para entidades públicas e privadas tanto no nivel de Galicia como para o resto de España.
Por último, o centro creará un repositorio propio de contidos dixitais audiovisuais ao servizo da comunidade universitaria e tamén da cidadanía en xeral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?