Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coruña Dixital achegounos aos ingredientes para facermos os mellores GIF e memes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coruña Dixital achegounos aos ingredientes para facermos os mellores GIF e memes

Redacción
Publicado: 20/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coruna_dixital_zemos98.jpgO programa Coruña Dixital, a iniciativa do Concello destinada a facer visible e dinamizar as comunidades dixitais da cidade e a súa contorna (facilitando a participación activa da veciñanza en novas prácticas culturais e creativas), segue adiante con múltiples actividades de divulgación onde, amais de achegar formación e capacitación dixital, compártense coñecementos e habilidades en circulación de sentido duplo. Este sábado, sen ir máis lonxe, celebrouse un claro exemplo de obradoiro “implicador”: o Taller de narrativas populares contemporáneas, encadrado na programación de #LAIC. A actividade, que xuntou uns 20 participantes, contou coa presenza activa (impartindo contidos e abrindo xanelas de coñecemento) de Lucas Tello e Pedro Jiménez, do colectivo ZEMOS98 de Sevilla.
Entre outras cousas, ao longo do obradoiro déuselle forma a un collage con retratos dun personaxe e recortes de revistas, unha escolma de GIF pensados para a mente doutra persoa ou unha colección de historias de Instagram. Os integrantes de ZEMOS98 explicaron o punto de partida do taller, que está, sinalaron, “na concepción da cultura mediática a partir da remestura e o hackeo das narrativas mainstream”; e logo abordaron unha manchea de exemplos concretos desta cultura do aproveitamento das linguaxes e os contidos populares cara a códigos e formatos innovadores, afondando nos tipos de comunicacións que teñen que ver coa memética e a viralidade, como os memes dixitais e os GIF animados.
Lucas Tello mostrou unha tipoloxía dos devanditos GIF, unidades mínimas de vídeo que se reproducen en bucle e que se usan con función comunicativa, para expresar emocións de maneira humorística apropiándonos de anacos de vídeos domésticos, películas ou programa de televisión. Respecto dos memes, fixeron fincapé nas metodoloxías usadas para acadar a máxima efectividade nos mesmos: afastándonos da brincadeira privada e abeirándonos ao universal, os contextos culturais comúns, aquilo que entenderíamos nós e mailas persoas máis afastadas do planeta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?