Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense e a CEO lanzan un programa de apoio dixital para a busca de novos mercados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense e a CEO lanzan un programa de apoio dixital para a busca de novos mercados

Redacción
Publicado: 21/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mb_exportou.jpgEste 20 de novembro presentouse en Ourense un programa de apoio dixital para as empresas da provincia que queiran abrir mercado e espallar actividade noutros países. A iniciativa, inserida no Plan ExportOU, foi dada a coñecer nos seus detalles polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, o presidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Pérez Canal e o director da empresa de novas tecnoloxías Contatc Comunicación, César González. A plataforma dixital de programa ExportOU, impulsada pola Deputación e a CEO, dispoñibilizará en Internet un completo catálogo de empresas ourensás, as cales poderán recibir asesoramento no marco do programa de desenvolvemento dixital.
O presidente da Deputación aproveitou a oportunidade para facer un percorrido por diversos éxitos de espallamento comercial liderados por empresas locais, un camiño, o da internacionalización, “que moitas outras poderán seguir con estas ferramentas de apoio á exportación que hoxe presentamos, que serán un instrumento de planificación, optimización, estudo e posicionamento”.
Pérez Canal definiu a plataforma dixital ExportOU como unha xanela “ao mundo dende a nosa provincia”, e César González explicou que o portal achegará información de empresas, produtos e servizos, ademais de fontes de financiamento, programas formativos, novas e eventos relacionados coa internacionalización.
Xunto á plataforma, presentouse o Programa de Dixitalización para a Internacionalización de Empresas de Ourense, que permitirá, en palabras dos representantes das ditas entidades, “acompañar ás firmas participantes no seu camiño exportador desde o primeiro momento” e tamén fortalecer a aquelas que xa iniciaran a súa aventura comercial no exterior, por medio de estudos personalizados de desenvolvemento dixital (destinados a coñecer o estado de cada empresa na Rede); realización de plans de traballo e imaxe corporativa e posicionamento en redes sociais, así como análise de resultados de internacionalización.
O programa ExportOU é unha iniciativa froito do convenio de colaboración entre a Deputación e a CEO coa finalidade de difundir internacionalmente a Marca Ourense e favorecer aperturas de novos mercados para as empresas da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?