Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Empresas mexicanas visitan a sede de Redegal en Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Empresas mexicanas visitan a sede de Redegal en Ourense

Redacción
Publicado: 23/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Os empresarios mexicanos reunidos co equipo de Redegal e coa Deputación de Ourense
Os empresarios mexicanos reunidos co equipo de Redegal e coa Deputación de Ourense
Redegal, axencia galega de mercadotecnia dixital e ecommerce, acolleu onte a segunda xornada da Misión Comercial Inversa que organiza o Clúster TIC Galicia, unha iniciativa patrocinada pola Xunta (a través do IGAPE) e que busca fortalecer as relacións comerciais e de cooperación con empresas mexicanas para que dean conta do potencial e das posibilidades do noso tecido empresarial e do noso pulo innovador. Durante a xornada, unha delegación mexicana (os responsables de Dentix México, Deportes Martí, West Mex, Piagui, Agencia Digital, Medio Tiempo, Desarrolladora en Proyectos de Seguridad Electrónica IT, Ubiquity brands e ABC XYZ Espacios de inversión) visitou as instalacións de Redegal en Ourense, onde os seus integrantes tiveron oportunidade de coñecer as principais liñas de traballo da firma galega e mailo seu equipo de traballadores.
visita_redegal_mexico_ourense.jpgCómpre lembrar que Redegal mantén estreitas canles de colaboración co país americano. De feito, en 2014 inaugurou a súa oficina en Cidade de México, onde conta xa con números clientes de diversos sectores e representa o 26% da facturación. En palabras de Jorge Vázquez, director executivo (CEO) de Redegal, “México foi noso primeiro paso para a internacionalización e é un pracer poder recibir aos nosos partners mexicanos na nosa sede galega”.
O programa da visita, que se prolongará ata o venres, inclúe unha axenda de encontros con outras empresas punteiras de Galicia. Durante a xornada deste xoves, os participantes volverán de novo ás oficinas de Redegal na sesión de tarde.
Na xornada de onte, a delegación mexicana tamén tivo ocasión de coñecer o casco histórico de Ourense e de visitar a sede da Deputación de Ourense, onde se reuniron co presidente Manuel Baltar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?