
O obxectivo destas dúas actividades é que os/as asistentes tomen conciencia do “importante que é para o medio ambiente unha correcta xestión deste tipo de refugallos”. Ademais, váiselles ensinar a valorizar de maneira sinxela algúns destes aparellos. Segundo informan as entidades responsables destes obradoiros, “facer un traballo de restauración de equipos informáticos pode evitar a emisión de CO2 equivalente ao consumo dun coche durante 1.600 quilómetros”.
Nos obradoiros realizarase casos prácticos de reutilización para computadores, mostrando ás persoas participantes como abrir a carcasa e os principais compoñentes que se poden cambiar, o borrado seguro da información dos discos duros e como volver instalar o sistema operativo.
Para seguir co lema da Tropa Verde, Reciclar ten premio, sortearase entre todas as persoas participantes un PC de sobremesa refugado.
Tropa Verde recorda tamén que só en España “xéranse 800 mil toneladas ao ano de residuos eléctricos e electrónicos, dos que apenas un terzo se xestionan de maneira acaída”.
Os composteláns teñen unha cita dupla coa recuperación de computadores en desuso
Compartir Este Artigo

