Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago lanza web para facer comunidade arredor dos seus múltiples espazos verdes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago lanza web para facer comunidade arredor dos seus múltiples espazos verdes

Redacción
Publicado: 23/11/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_santiago_web_parques_e_xardins.jpgSantiago ten máis zonas verdes cá media europea (é a cidade galega con máis metros cadrados de natureza por habitante, arredor de 27 metros cadrados por habitante), e para mostrar este rico patrimonio medio ambiental e paisaxístico, o Concello vén de lanzar unha páxina web específica, Compostela Verde, a nova presenza en liña do Departamento de Parques. O sitio, que tamén é unha ferramenta e unha comunidade na que os internautas poderán contribuír achegando fotos ou datos, foi dado a coñecer polo concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, acompañado de Miguel Lois Barreiro, de Ferrovial, entidade encargada de desenvolver o portal. Segundo fixeron saber, trátase dun recurso dixital que será “de enorme utilidade” e que estará en proceso continuo de mellora e de de enriquecemento. Un proceso de mellora e enriquecemento parello ao que “vive” e “experimenta” a longa listaxe de espazos verdes da capital galega.
Miguel Lois Barreiro explicou que “a día de hoxe están xa cargados no portal preto de 1.700 elementos, pero a intención é seguir completando a información”. Segundo engadiu, o miolo da páxina é un mapa “no que se poden activar ata 14 capas diferentes con recursos moi variados”. Neste recurso, dixo, están sinalizados os parques e xardíns de Compostela, as árbores singulares (con información detallada de cada exemplar) e as 66 masas arboradas identificadas no municipio. Asemade, achégase información detallada sobre os espazos singulares ao abeiro dos propios parques e sobre máis de 500 elementos relacionados coa auga (muíños, fontes, lavadoiros…), e preto de 400 elementos patrimoniais (petróglifos, hórreos, palcos de música…).
Outras capas mostran as hortas urbanas, os miradoiros naturais ou construídos, os máis de 80 parques infantís do municipio e as máis dun cento de instalacións deportivas. Por último, pódese consultar información sobre os parques biosaudables, as áreas de compostaxe, os equipamentos socioculturais, os espazos habilitados para cans ceibos e os sendeiros de Compostela.
A web complétase con información do Departamento municipal de Parques e Xardíns, cun espazo de novas e cun acceso directo á Liña Verde para que a veciñanza poida presentar incidencias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?