Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC organizou en Lugo unha andaina contra os crimes machistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC organizou en Lugo unha andaina contra os crimes machistas

Redacción
Publicado: 24/11/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

andaina_contra_o_machismo_fundacion_tic_deputacion_de_lugo.jpgO presidente da Fundación TIC e da Deputación de Lugo, Darío Campos, e malia alcaldesa Lara Méndez, participaron hoxe na andaina convocada na cidade da Muralla para visualizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, este sábado 25. A actividade (veciñanza, asociacións, colectivos locais), na que participaron centos de persoas, veu da man do alumnado da Fundación TIC, dentro da campaña Lugo En Negro. Durante a marcha, camiñantes de todas as idades encheron de bandeirolas negras o treito que vai da Escola de Imaxe e Son (Fundación TIC) á praza de San Marcos.
A andaina rematou diante da sede da Deputación, onde se procedeu á lectura, por parte da alcaldesa, dun manifesto institucional de repulsa polos crimes machistas. A continuación, unha parella de actores, realizou unha performance inspirada na loita das vítimas de violencia exercida polos homes.
Trátase da segunda marcha cidadá que os estudantes da EIS convocan con éxito de asistencia, na véspera da celebración internacional. Por certo que o alumnado da escola completou a marcha cun vídeo de denuncia que serviu, nas redes sociais, como reclamo para a participación e a mobilización. En datas vindeiras poderemos ver na Rede máis contidos que reflictan as accións desenvolvidas hoxe.
Aos alumnos e traballadores da TIC uníronse na camiñada usuarios do InLugo (o programa de divulgación tecnolóxico-dixital da Fundación) e veciños de todo o concello, institucións, asociacións sen ánimo de lucro e clubs deportivos. En concreto, participaron membros do C.B. Breogán, do C.D. Lugo, Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE), Asociación de Viúvas de Lugo, SOMOS Unidos por el Cáncer, Federación de Asociacións de Veciños, Bonhomía, ASPNAIS e Asociación de Amas de Casa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?