Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Especialistas en agricultura smart enxalzan en Santiago as oportunidades de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Especialistas en agricultura smart enxalzan en Santiago as oportunidades de Internet

Redacción
Publicado: 24/11/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20171123_alberto_moreira_utad__ruth_rguez_agaca_partners_agrosmartcoop.jpgSe os sectores de raizame máis innovadora apostan por chegar aos clientes a través de formatos, canles e contornas innovadoras, con máis razón deben facelo os sectores de raizames tradicionais: aqueles que impulsaron e alicerzaron a nosa economía durante séculos, por exemplo o agro, a gandería e máis a pesca. Este 23 de novembro celebrouse en Santiago, no Hotel Porta do Camiño, un encontro profesional que apuntou á necesidade de subirnos ás tecnoloxías smart dende os devanditos sectores produtivos básicos. Para subliñar esta necesidade, amosáronse múltiples exemplos de cousas que marcan un antes e un despois no ámbito agrogandeiro. O evento consistiu nun seminario abeirado ao programa europeo AgroSmartCoop, cuxo obxectivo é impulsar a innovación e a colaboración entre cooperativas de Francia, España e Portugal. Participaron reitores, directivos, técnicos de cooperativas e emprendedores dos tres países veciños. Coincidiron en enxalzar a aposta conxunta por iniciativas de innovación sustentable e comercialización intelixente.
Entre os participantes atopouse Ruth Rodríguez, técnica de AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias), que explicou que ao abeiro do programa AgroSmartCoop porase en funcionamento unha comunidade virtual onde as cooperativas das contornas xeográficas participantes poderán intercambiar coñecementos e experiencias, recibir formación e asesoramento en materias de innovación tecnolóxica sustentable e comercialización intelixente. Tamén fornecerá a posibilidade de mostrar os produtos innovadores das cooperativas, para dar visibilidade ao seu gran potencial.
Pola súa banda, Cristina Fernández-Armesto, xerente da SAT Casa Grande de Xanceda, explicou como a súa entidade logrou notoriedade entre os consumidores e rendibilidade económica grazas “a optar por un modelo de negocio baseado na ecoloxía e o coidado da biodiversidade na súa explotación”. Segundo lembrou, “o 50% da xente que visita a granxa descoñece que fabricamos iogures, veñen pola experiencia e a aprendizaxe; logo proban o produto”. Polo que respecta ao exterior de Galicia, foi mediante redes sociais como conseguiron principalmente amosar a actividade dos animais da granxa e como viven.
Alberto Moreira Baptista, pró-reitor para a Área de Projetos Estruturantes da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), entidade participante en AGROSMARTcoop, fixo fincapé na necesidade de encamiñar as nosas vendas por Internet, pero preparando o terreo axeitado: “O peor que pode pasar é crear unha tenda en liña e non ter a loxística preparada: os clientes perden confianza e non volven”. Segundo engadiu, “antes de comezar a parte de marketing e deseño de plataforma, ten que funcionar a embalaxe, a velocidade de entrega, o stock… senón, máis vale non comezar o traballo”.
María González, encargada de mercadotecnia e innovación na corporación alimentaria Capsa Food, indicou que o consumidor valora “etiquetas claras, que informen de compoñentes do produto e como se chegou a el”, dado que “hai cada vez meirande educación do consumidor, que fai preguntas e está preparado para escoitar”. Segundo engadiu, “a innovación xoga un papel importante para atopar substitutos”.
Alfonso Pérez, responsable de I+D e Innovación da Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela, recomendou que os comités de innovación sexan multidisciplinares , con visión económica, técnica e organizativa. Engadiu que “a descoordinación neste comité reduce gravemente a eficiencia do uso dos recursos humanos, técnicos e económicos da empresa e retarda a obtención de resultados”. Asemade, aconsellou tirar proveito de Internet como metodoloxía para innovar en vendas: “Quen proba a venda online con éxito, repite”.
Susana García, directora da Interprofesional do Viño (OIVE), sinalou que aspiran a aumentar cota de mercado ao viño, á conta de refrescos e cervexas con alcol. A OIVE conta con 12 millóns de euros para promoción. Segundo explicou, “cómpre tomar moitas decisións ao consumir viño: tipo, orixe, intre de consumilo… funcionan como atrancos de cara ao gran consumo. Buscamos que sexa un pracer tomalo, sen complicacións”.
Iago Quintana, director xeral de DairyLac, falou da evolución positiva da entidade, formada pola agrupación de varias cooperativas: “En 2016 procesáronse 24 millóns de litros de leite e facturáronse 7,7 millóns de euros. En 2017 as cifras son 38 millóns de litros e 14 millóns de euros.”
Como lembraremos, o proxecto AgroSmartCoop está liderado por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) e constituído por oito entidades beneficiarias de seis contornas europeas pertencentes aos ditos tres países: Galicia, Castela A Mancha, Euskadi e Estremadura en España; Nouvelle – Aquitaine en Francia e o Norte de Portugal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?