Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Culleredo e A Coruña acollen a gravación da webserie galardoada no IV Carballo Interplay como mellor proxecto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Culleredo e A Coruña acollen a gravación da webserie galardoada no IV Carballo Interplay como mellor proxecto

Redacción
Publicado: 01/12/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hai_vida_en_bran_5_preview.jpgOs concellos de Culleredo (parroquia de Celas) e A Coruña están a acoller estes días as sesións de gravación da proposta galardoada na pasada edición do certame de contidos dixitais Carballo Interplay como mellor proxecto de webserie en galego (un galardón dotado de 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos). Estamos a falar da webserie Hai vida en Bran? Nas xeiras de gravación está a traballar un equipo capitaneado por Ángela Andrada (creadora e protagonista do proxecto). O resultado do traballo estrearase na vindeira edición do certame. Segundo fixo saber Andrada, a súa proposta diríxese a “cambiar o rumbo do audiovisual rompendo estereotipos”.
Máis en detalle, a nova serie conta a vida de Mariña, unha moza licenciada en Belas Artes e seguidora do glam rock que volve á casa da súa nai, na pequena vila de Bran, despois de intentar, sen éxito, abrirse camiño no mundo do cómic. Segundo nos contan dende Carballo Interplay, trátase dunha comedia “con forte presenza musical e pequenas tinturas dramáticas” que retrata a Xeración Xabarín, os mozos de soños rotos, criados enfronte dun televisor, “aos que se lles prometeu que chegarían lonxe e que agora se atopan cun futuro incerto”. O equipo, amais de Andrada, está formado por Cristina Mariño, Pastor Rodríguez, Gonzalo Faílde e Daniel Celester. Tamén se conta para as sesións de rodaxe coas coñecidas actrices Isabel Blanco e Cris Iglesias.
hai_vida_en_bran_3_preview.jpg Hai vida en Bran? estrearase na quinta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril de 2018 e que está en pleno proceso de recepción de propostas, tanto para a sección oficial a concurso como para o premio ao mellor proxecto de webserie en galego, que de novo estará dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos e se resolverá cunha presentación en directo durante o festival. As persoas interesadas en participar poden facelo a través da web www.carballointerplay.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?