
O seu proxecto ten o alicerce, como dixemos, na súa tese doutoral, defendida na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e dirixida polos profesores Juan M. Santos e Luis M. Álvarez Sabucedo. O traballo fai fincapé en ata que punto no ámbito sanitario actual establecéronse xa múltiples mecanismos para o seguimento dos protocolos de actuación con maior repercusión (xestión do persoal, control de citas…), pero, pola contra, existen múltiples accións rutineiras que seguen sen estar monitorizadas e que afectan de forma directa á saúde dos pacientes.
En total, no devandito caso de estudo específico trazáronse máis de 500 mesturas, obtendo información exhaustiva sobre todo o seu ciclo de vida en case 4.000 rexistros de seguimento. O novo sistema púxose a proba do 1 de xuño ao 6 de setembro de 2016, tres meses de desenvolvemento que serviron para mellorar e evolucionar a proposta inicial e para conseguir, en base aos bos resultados, financiamento para iniciar un novo proxecto de investigación que terá como obxectivo a materialización dun sistema máis avanzado co que se pretende facer seguimento de novos escenarios de aplicación en novos contextos e organizacións.
Chega un proxecto tecnolóxico galego para facilitar as tarefas do persoal sanitario
Compartir Este Artigo
