Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Philippe Colombet mostrará na Coruña o traballo de Google a prol do xornalismo de calidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Philippe Colombet mostrará na Coruña o traballo de Google a prol do xornalismo de calidade

Redacción
Publicado: 14/12/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

google_colombet.jpgPhilippe Colombet, director de Relacións Estratéxicas, Noticias e Editores de Google (para Europa e Medio Oriente de África), estará os días 18 e 20 de decembro no Máster en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA), para ofrecer unha clase maxistral sobre a actividade desenvolvida polo xigante de Internet con editores de toda Europa. O obxectivo desta actividade non é outro que ofrecer, xuntando forzas, un xornalismo serio, contrastado e de produción propia. Como lembraremos, o dito máster é un título propio da Universidade da Coruña organizado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Amancio Ortega. Colombet, amais de falar das oportunidades que brindan as redes para facer avanzar a comunicación, valorará os proxectos do alumnado da especialidade de Xornalismo Avanzado Multiplataforma.
Máis en concreto, o labor de Colombet ao abeiro do MPXA terá varias vertentes. Na sesión do luns, Colombet impartirá a devandita clase maxistral, debullando os obxectivos de proxectos periodísticos de Google como DNI (Iniciativa para Noticias Dixitais), que achega un total de 150 millóns de euros para proxectos de innovación no sector do xornalismo en Europa, e que dá apoio a proxectos como RADAR, unha plataforma que desenvolverán La Voz de Galicia, Henneo e outros 22 xornais de España.
O mércores 20, os alumnos da especialidade en Xornalismo Avanzado Multiplataforma expoñerán ante o executivo de Google os proxectos nos que traballarán durante este curso, asesorados por un equipo de titores. Propostas como por exemplo unha idea de branded content xornalístico ou unha iniciativa para reportaxes de investigación long-form.
Para quen non o saiba, Philippe Colombet é o responsable da iniciativa DNI en España, Francia e Italia. Foi un dos deseñadores do DNI Innovation Fund (lanzado no ano 2015), e, anteriormente, dirixiu o departamento de Medida de Audiencia e Anuncios do xigante da Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?