Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames introduce á súa veciñanza nas vantaxes da eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames introduce á súa veciñanza nas vantaxes da eAdministración

Redacción
Publicado: 03/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cemit_ames_aula_0.jpgO Concello de Ames e a súa aula CeMIT veñen de dar a coñecer múltiples detalles sobre a actividade formativa da aula no ano que comeza, un completo programa de obradoiros destinados, en boa medida, a acurtar as distancias que poden separar á cidadanía das ferramentas dixitais, facendo fincapé en ámbitos como a Administración Electrónica. Trátase, máis en detalle, de tres cursos sobre as vantaxes que lle achega á veciñanza o feito de interactuar coas entidades públicas a través das ferramentas dixitais. Asemade, impartiranse cursos para adultos (Atopa na Rede e Android seguro para pais e nais) e para nenos/as de informática e mecanografía.
Respecto do ciclo de actividades sobre eAdministración, o primeiro curso, denominado DNI electrónico e certificados dixitais, impartirase do 9 ao 16 de xaneiro, os martes e xoves, de 10:00 a 11:30 horas. Introducirá aos participantes nos métodos para tirar proveito do DNIe, que dispón dun chip que nos permite identificarnos online e acceder a moitos recursos e trámites a través de Internet.
O segundo curso que se inclúe dentro deste ciclo chámase Trámites electrónicos e xestión de información. Esta actividade impartirase os martes e xoves, en horario de 10:00 a 11:30 horas, dende o 18 ata o 23 de xaneiro. Neste curso afondarase un pouco máis nos trámites electrónicos e coñeceranse as ferramentas que existen ademais do DNIe e do certificado dixital. O terceiro e último curso do ciclo é Trámites electrónicos co Concello de Ames. Impartirase os martes e xoves, de 10:00 a 11:30 horas, do 25 ao 30 de xaneiro.
cartel_aula_cemit_xaneiro.jpgPor outra banda, durante o mes de xaneiro impártense dous cursos para adultos. O primeiro, Atopa na Rede, desenvolverase do 8 ao 17 de xaneiro, os luns e mércores, de 18:15 a 19:45 horas. Segundo informa a aula, esta actividade ofrecerase información sobre os buscadores que ofrecen a posibilidade de facer unha busca avanzada mediante operadores, filtros, distintas seccións de busca, respostas rápidas. Ademais, achegarase o obradoiro Android seguro para pais e nais, os mércores 24 e 31 de xaneiro, en horario de 18:15 a 19:45 horas. O obxectivo é “que os pais e nais coñezan as plataformas móbiles ás que acceden os seus fillos/as para poder ter certo control sobre o seu uso”.
A maiores de todo o devandito, as crianzas tamén poderán acudir as actividades da aula de Ames drante este mes de xaneiro. Do 9 de xaneiro ao 13 de febreiro haberá un curso de informática para nenos/as. Impartirase os martes, en horario de 18:15 a 19:45horas. Trátase dunha actividade de iniciación ao universo dixital no que os nenos/as aprenderán a usar o rato e mailo teclado. Ademais aprenderán a empregar as xanelas, carpetas e documentos creados por eles mesmos, e introduciranse en como facer buscas por Internet.
Outro dos cursos dirixidos aos nenos/as é o de mecanografía que se desenvolverá do 11 de xaneiro ao 15 de febreiro. É un curso de introdución e práctica co teclado de 45 minutos por sesión. Ideal tanto para iniciarse como para repetir curso e continuar mellorando. Haberá dous grupos: un para a menores de 10 anos (impartiranse as clases os xoves de 18:15 a 19:00 horas) e outro para maiores de 10 anos (impartiranse as clases os xoves de 19:00 a 19:45 horas).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?