Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altia, elixida para acometer o redeseño do conxunto de portais de madrid.org
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altia, elixida para acometer o redeseño do conxunto de portais de madrid.org

Redacción
Publicado: 04/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

portal_madrid.jpgA Axencia para a Administración Dixital da Comunidade de Madrid contratou a empresa galega Altia, especializada en servizos de consultoría tecnolóxica, para acometer integramente o redeseño do conxunto de portais que conforman a plataforma www.madrid.org. O obxectivo da axencia, con estes traballos de fonda remodelación das súas ferramentas dixitais, é “proporcionar á cidadanía a mellor información e calidade nos servizos prestados a través de madrid.org, coa intención, ademais, de converter o portal nunha referencia a nivel estatal e internacional”. Este proceso, lembra Altia, inclúe a adopción dos seguintes piares básicos de traballo: socialización da web e difusión 2.0, contidos multimedia, boletíns informativos e adecuación ás distintas audiencias.
Os traballos tamén abranguen unha migración a un novo xestor de contidos (CMS) que forneza meirande axilidade tecnolóxica, estandarización e melloras na accesibilidade. Segundo reflicte a empresa galega, esta migración é “o primeiro paso cara a unha plataforma web que cubra novas necesidades como a transformación cara a un goberno aberto”.
Altia tamén fai fincapé en que estes obxectivos, unidos á experiencia da firma galega neste tipo de procesos (ampla experiencia no ámbito da implantación de proxectos con solucións CMS, en concreto con Drupal, a solución software elixida finalmente), motivaron a contratación da compañía que preside Tino Fernández. “Desde o noso punto de vista o contrato supón tanto para a Axencia como para Altia un reto compartido, pois a nosa implicación no proxecto é plena, como parte da nosa misión”, explican dende a empresa galega, engadindo que se trata dun contrato cunha duración inicial de dous anos, coa opción de prórroga por outros dous anos máis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?