Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Estrada pon a disposición do programa SmartPEME o seu Viveiro de Empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Estrada pon a disposición do programa SmartPEME o seu Viveiro de Empresas

Redacción
Publicado: 05/01/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Xuntanza celebrada en xaneiro na que a Deputación e o Concello confirmaron a participación da Estrada en SmartPEME
Xuntanza celebrada en xaneiro na que a Deputación e o Concello confirmaron a participación da Estrada en SmartPEME
Semella que amais das novidades que citamos recentemente (a nova adxudicataria, un programa de actividades máis amplo e ambicioso), a rede TIC de formación e asesoramento impulsada pola Deputación de Pontevedra, a rede SmartPEME, vai recibir máis folgos co novo ano Segundo puidemos saber, estase a preparar o terreo para que as sedes operativas de SmartPEME (en Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados e en Lalín) incrementen o seu número coa incorporación de A Estrada. Será a partir do vindeiro mes, contando co apoio integral do Concello local, que pon a disposición do programa da Deputación de Pontevedra as instalacións do seu Viveiro de Empresas.
O obxectivo do Goberno estradense é achegar asesoramento tecnolóxico avanzado aos emprendedores, empresarios e autónomos locais. Estas novidades foron dadas a coñecer polo tenente de alcalde, Juan Constenla, durante a presentación de SmartPEME na Estrada.
Na presentación, Constenla estivo acompañado polos deputados Carlos López Font e Javier Dios, por técnicos de SmartPEME, así como representantes da Asociación de Comerciantes da Estrada, da Asociación Comarcal de Empresarios, da Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble, da Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra e dos responsables da empresa Central Científica Galega, que acaba de incorporarse hai uns días ao Viveiro de Empresas.
a_estrada_smartpeme_xuntanza.jpg Segundo fixeron saber, o horario de atención ao público na Estrada será dúas veces ao mes, concretamente o primeiro e o último mércores en horario de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas variando en agosto que será de mañá, de 09.00 a 14.30 horas, e terá lugar no Viveiro de Empresas. Será un servizo de asesoramento individualizado, cen por cen de balde, no que cada interesado contará cunha bolsa de 10 horas para poder informarse sobre cada cuestión. O Concello e a Deputación tamén engadiron que a este servizo súmase un asesoramento vía telemática que ofrece unha solución a todas as empresas que non teñen tempo para acudir de maneira presencial ás ditas dependencias. Ademais, tal e como comentaron os técnicos encargados deste proxecto, levarase a cabo un obradoiro cada mes, con posibilidade de ampliar o número segundo a demanda e as necesidades que vaian xurdindo. Tamén se fixo saber que “debido a gran influencia do sector agrario e gandeiro en Tabeirós-Terra de Montes”, daráselle forma a un programa piloto para “incentivar a implantación das novas tecnoloxías que melloren o rendemento e a produtividade neste sector”. O obxectivo é converter o Viveiro no “referente tecnolóxico para asociacións empresariais e os seus asociados nas comarcas”.
Sobre SmartPEME
Recordar que SmartPEME é un modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pequenas e medianas empresas e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das súas tarefas. “Este proxecto”, explica a Deputación de Pontevedra, “abre novos eidos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos”.
Para o seu desenvolvemento, os asesores e asesoras TIC das oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo póñense en marcha itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores e emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
No último ano SmartPEME bateu unha serie de récords importantes. Máis polo miúdo, aumentouse en preto dun 50% tanto as persoas que se formaron a través dos obradoiros e accións formativas, por unha banda, como o número de empresas e persoas ás que se lles realizaron asesoramentos, pola outra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?