Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AXEGA fortalece o seu equipamento cun dron operativo en condicións extremas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AXEGA fortalece o seu equipamento cun dron operativo en condicións extremas

Redacción
Publicado: 08/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20180107dxeidronaxega1.jpgOs drons, en materia de resposta ante incidencias (operacións de rescate, localización de lumes, salvamento, achado de persoas extraviadas), teñen un amplo potencial de efectividade ao incrementar a nosa capacidade de ver, ouvir, atopar e xerar información de campo. Co fin de seguir tirando o máximo proveito destes aparellos, e descubrir todo o seu potencial, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) vén de adquirir unha nova nave non tripulada de última xeración, desenvolvida polo fabricante DJI. Con esta incorporación fortalécese a operativa da Unidade Operativa de Drons (UOD), tanto a nivel Estatal como da Unión Europea a través da EENA (Asociación Europea do número único de Emerxencias).
Entre as características máis salientables do dron atopan as seguintes: conta con certificación IP-43; sensores antichoque de varrido 360 graos; dobre Gimbal con posicionamento variable; zoom óptico de vídeo de 30x; termografía con obxectivo de 19mm; ou batería calefactada con posibilidade de voo con baixas temperaturas. Ademais, a aeronave adáptase plenamente aos requirimentos da nova normativa neste eido e amplía a súa operatividade ao poder voar con chuvia e baixas temperaturas.
Balance de 2017
A UOD da AXEGA vén de prestar durante o ano 2017 un total de 20 servizos, a maioría en colaboración coas forzas e corpos de seguridade na busca de persoas desaparecidas, aínda que tamén en dispositivos de carácter preventivo, divulgativo-formativo e como ferramenta de autoprotección do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA, integrándose no dispositivo de seguridade do continxente galego desprazado a Portugal a raíz da vaga de lumes forestais, a fin da detección de eventuais atrancos nas estradas por arbores/obstáculos que dificultaran o desprazamento dos vehículos de grandes dimensións mobilizados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?