Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Navantia, Repsol e o Grupo PSA mostrarán nas JAI as grandes vantaxes da Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Navantia, Repsol e o Grupo PSA mostrarán nas JAI as grandes vantaxes da Industria 4.0

Redacción
Publicado: 08/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O profesor José Ignacio Armesto da Universidade de Vigo
O profesor José Ignacio Armesto da Universidade de Vigo
Paseniño pero sen pausa vai quecendo motores a sétima edición das Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI), con toda probabilidade o evento máis galego máis referencial en materia de Industria 4.0 e, sen dúbida, un dos máis importantes do seu ámbito a nivel estatal. Este ano, ademais, o evento conta co engadido de ser a edición con máis empresas participantes e con máis actividades de divulgación e traballo en rede arredor de cuestións como a robótica colaborativa, a impresión 3D e a realidade virtual. Ou sexa, arredor dos diferentes piares da nova revolución tecnolóxica. En total, concorrerán máis de 25 compañías, mostrando potencial e, asemade, procurando talento. Por exemplo o Grupo PSA (Juan José Areal, falando de Automoción 4.0), Repsol (Hugo Pachón, cun relatorio sobre técnicas smart na industria de proceso) ou Navantia (Miguel Vilar, introducindo aos presentes nas principais características e vantaxes dun estaleiro 4.0).
Dende outras beiras acoden tamén os nosos centros tecnolóxicos e unha manchea de estudantes, cada un/unha con cadanseu currículo no cartafol. As JAI celébranse en Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial) entre o 12 e o 16 de marzo e veñen da man do profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática (Universidade de Vigo), José Ignacio Armesto.
Entre as grandes novidades deste ano, amais das devanditas, atópase o fornecemento dun espazo específico para demostracións de proxectos innovadores, no que os centros tecnolóxicos galegos exporán os seus deseños. A previsión, segundo lembrou estes días o profesor Armesto, é superar o milleiro de asistentes da anterior edición.
Entre os grandes obxectivos do evento figura novamente o de marcar diferenzas con respecto a outros eventos tecnolóxicos, apostando de cheo por estreitar o contacto entre empresas e mocidade. Búscase, polo tanto, que estudantes, fabricantes e usuarios profesionais poidan interactuar nun contexto tecnolóxico e universitario.
O programa, que abrangue máis de 35 horas de presentacións técnicas e relatorios, abordará temas como robótica colaborativa e sensitiva, robótica móbil, seguridade industrial, análise de datos, ciberseguridade, IoT (Internet das Cousas), xemelgo dixital, mecatrónica, información a gran escala (Big Data), intelixencia artificial, comunicacións sen fíos ou eficiencia enerxética. Para isto, contarase con preto de 50 relatores procedentes de diferentes cidades e países, que presentarán as principais novidades e tendencias do sector.
Participarán vellas coñecidas das JAI como Phoenix Contact, Rockwell Automation, Schneider Electric e Siemens e outras de recente creación como Universal Robots ou MiR.
Por outra banda, no programa de relatorios estarán presentes compañías doutros sectores que dependen da automatización no seu proceso produtivo, entre as que se contan as devanditas PSA Peugeot Citroën (que presentará as innovacións relacionadas coa industria 4.0 que aplican na factoría viguesa), Repsol (que mostrará as novas técnicas do proceso químico que empregan, por exemplo, na refinaría da Coruña) e Navantia (que dará a coñecer o seu proxecto Estaleiro 4.0, no que utilizan técnicas de realidade virtual no deseño dos seus produtos). Tamén participarán nos relatorios representantes de centros tecnolóxicos como CTAG, Gradiant ou Aimen, visualizando as súas iniciativas de innovación e desenvolvemento vencelladas aos ditos eidos e procesos industriais.
As xornadas poderán seguirse tanto de xeito virtual como presencial, neste último caso o prazo de inscrición remata o 12 de febreiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?