Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As mulleres do mar presentan espazo web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As mulleres do mar presentan espazo web

Redacción
Publicado: 09/01/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

anmupesca_presentacion_web.jpgA asociación nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), entidade de presenza maioritariamente galega, presentou hoxe a súa páxina web, dispoñible en anmupesca.org. Na cita fíxose saber que se trata dunha ferramenta de primeira orde para facer visible o importante labor das traballadoras do mar, procurando a defensa da profesión e, en última instancia, de todo o colectivo de mulleres galego e estatal. Na rolda de prensa participaron a presidenta de Anmupesca, Rita Míguez, e máis a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que coincidiron en salientar os avances dados pola asociación dende a súa posta en marcha en 2016, xuntando case dúas ducias de entidades de toda España e, individualmente, máis de 15.000 asociadas.
Segundo fixo saber Quintana, este novo “espazo de encontro dixital” servirá como “ferramenta para aglutinar todo o saber facer das mulleres que forman parte desta asociación, o que contribuirá ao seu empoderamento”.
No acto tamén lembraron que a entidade dá acubillo a colectivos de armadoras, redeiras e mariscadoras, entre outros perfís femininos de profesionais do sector marítimo.
Rita Míguez, pola súa banda, fixo un percorrido polos detalles da páxina web da asociación, habilitada para fornecer “un instrumento áxil, útil e dinámico” e co obxectivo de fortalecer as comunicacións internas entre as integrantes da entidade e, tamén, da entidade cara o resto da cidadanía. De maneira parella, tentarase facer fincapé no importante compoñente feminino da profesión pesqueira.
Máis datos sobre a asociación
A Asociación Nacional de Mulleres da Pesca naceu co obxectivo de dar visibilidade ao labor diario das mulleres do mar e incrementar a conciencia social sobre a importancia da súa contribución ao sector. Ademais busca impulsar o seu liderado e participar de xeito activo nos órganos representativos decisorios e consultivos do tecido produtivo ligado ao mar.
A creación desta asociación concíbese tendo en conta que o programa operativo do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) contempla o apoio ao asociacionismo feminino e a creación dunha organización de mulleres profesionais do mar de carácter nacional que favoreza a súa representatividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?