Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Biblioteca Virtual de GaliciaDixital chega aos 91 títulos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Biblioteca Virtual de GaliciaDixital chega aos 91 títulos

Redacción
Publicado: 10/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bvgd-2.jpgGaliciaDixital vén de comunicar que a súa Biblioteca Virtual foi quen de chegar esta mesma semana aos 91 títulos acubillados, unha destacada escolma de títulos de temática moi diversa e co engadido extra de estar ao libre dispor dos internautas, na Rede e de balde. Como lembraremos, a Biblioteca Virtual é unha iniciativa da plataforma GaliciaDixital que se dirixe a achegar en libre acceso obras en liña, publicadas ou inéditas, que doutro xeito os lectores dificilmente poderían conseguir.
No caso de obras inéditas, facilítase aos autores de xeito gratuíto a súa publicación, co fin de achegarse aos seareiros da lectura e poder recibir comentarios e xuízos sobre o seu traballo creador ou investigador. En canto ás obras xa editadas, poden estar esgotadas ou ser de difícil localización, ofrecendo aos seus autores este complemento ou alternativa para dar a coñecer as súas creacións
A intención de GaliciaDixital é seguir facilitando de balde este servizo a todos os autores que o desexen, podendo os interesados poñerse en contacto coa plataforma a través do enderezo correo@galiciadigital.com. Entre as últimas incorporacións figuran Vivimos unha longa traxedia, de Manuel Rodríguez López, Crónicas del alba, de Joaquín Antuña, De pura cerna, de Xosé María Gómez Vilabella, e Adeuses a Xosé Manuel Carballo, co compendio de obituarios que a través das páxinas de GaliciaDixital despediron a este singular crego, escritor e ilusionista lucense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?