Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo abre 2018 achegando aos maiores da provincia 51 obradoiros TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo abre 2018 achegando aos maiores da provincia 51 obradoiros TIC

Redacción
Publicado: 11/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

inlugo_deputacion_lugo_obradoiros_tic_presentacion.jpgA Deputación de Lugo comeza 2018 apostando forte polas novas tecnoloxías e, tamén, por acurtar a distancia entre estas ferramentas (cheas de posibilidades e vantaxes para o noso día a día) e a cidadanía. Froito deste compromiso renovado polo dixital son os 51 cursos e obradoiros que a entidade provincial vai celebrar durante o primeiro trimestre de ano, ao abeiro do programa InLugo. As actividades foron dadas a coñecer hoxe polo presidente da Deputación, Darío Campos, nun multitudinario encontro os usuarios de InLugo e das súas vertentes formativas e de envellecemento activo pola vía TIC. Serán, en total, 731 prazas, dirixidas todas elas aos maiores da provincia.
Segundo fixo saber Darío Campos, a dita programación vai alén do puramente formativo, entra de cheo nos terreos do social, da saúde, do participativo e do inclusivo. “O fomento do uso das novas tecnoloxías entre os maiores da provincia”, explicou, “desempeña un importante labor social do que me sinto especialmente satisfeito”. Segundo engadiu, este compoñente social vese reflectido na alta demanda, “xa que as diversas actividades organizadas en 2017 superaron os 2.500 usuarios”.
Campos tamén fixo fincapé na utilidade das ferramentas dixitais, non só como canles de información e comunicación, senón tamén como recursos para estarmos no mundo: “Son útiles porque nos axudan no noso día a día e permiten que esteamos en contacto cos nosos seres queridos e coa sociedade en xeral, algo especialmente importante cando nos imos facendo maiores, porque promoven un envellecemento activo e favorecen a nosa autonomía”.
Campos dixo aos usuarios que asistiron ao acto que “sodes a mellor proba de que aprender non ten idade, e todo un exemplo para aquelas persoas que cren que son demasiado maiores para introducirse neste mundo”. Por esta razón, convidou aos participantes de InLugo a que comproben “que o uso de Internet ou dos móbiles é moito máis doado do que parece”.
As novidades do programa
Das 51 actividades que inclúe a programación do primeiro trimestre, 28 serán cursos ordinarios. Segundo concretou o presidente da Deputación, haberá novamente actividades formativas básicas de uso de Internet ou móbil para aqueles que estean a dar os seus primeiros pasos na Sociedade do Coñecemento. Polo que respecta ás novidades, salientou a convocatoria de “obradoiros máis específicos”, como os de banca electrónica ou talleres sobre servizos de mensaxes instantáneas como Messenger ou Whatsapp. Asemade, engadiu, incrementarase o número de talleres adicados ao retoque fotográfico, unha das actividades máis demandadas polos usuarios.
Os outros 23 cursos serán de repaso. “Neste caso están especialmente destinados aos maiores que xa participaron nos cursos habituais. O obxectivo é refrescar o aprendido, polo que teñen uns contidos moi prácticos”.
Aberto o prazo de inscrición
O máximo responsable provincial anunciou que o prazo de inscrición para o primeiro trimestre ábrese hoxe mesmo, 11 de xaneiro, e animou aos interesados “a que se apunten canto antes xa que as prazas soen cubrirse ás poucas horas”. De feito, dixo, en 2017 houbo máis do dobre de inscritos que de prazas. As persoas interesadas poden reservar praza a través das webs www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou chamando ao teléfono 982 225 186.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?