Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha app achegaranos á riqueza histórica e vitivinícola de Oímbra a través de realidade aumentada e 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha app achegaranos á riqueza histórica e vitivinícola de Oímbra a través de realidade aumentada e 3D

Redacción
Publicado: 11/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

oimbra_1_ene18.jpgO Concello de Oímbra, a empresa Xoia e a Deputación de Ourense están a impulsar unha iniciativa innovadora para reivindicar e visualizar o rico patrimonio do devandito municipio a través de tecnoloxías de realidade aumentada e 3D. O proxecto, unha proposta que cingue riqueza histórica local, turismo e viticultura, foi dado a coñecer onte no consistorio pola alcaldesa Ana Villariño, o presidente da entidade provincial, Manuel Baltar e os responsables da dita compañía, Xoel Vázquez e Iván Olmos. Segundo fixeron saber, “trátase dunha iniciativa de vangarda tecnolóxica que amosa unha nova maneira de achegar aos visitantes os valores de Oímbra, que conta con importantes elementos arqueolóxicos e cun sector do viño que ten oito adegas acollidas á Denominación de Orixe Monterrei”, explicou Manuel Baltar na presentación.
En termos máis concretos, o proxecto permitirá a visitantes e residentes percorrer e revivir “visual e informativamente” o devandito concello ourensán, que é, para quen non o saiba, o que xunta maior concentración de lagares rupestres, amais de acubillar unha adega do século XVIII cun alto valor arquitectónico.
Segundo indicou o presidente da Deputación, a iniciativa é un claro exemplo de como a tecnoloxía pode poñerse ao servizo da historia, fornecéndoa, e fornecéndonos, dunha “viaxe no tempo inclusiva e interactiva sen movernos do século XXI, valorizando a riqueza do noso rural”.
A proposta pon en xogo unha aplicación móbil que é, en boa medida, o eixe tecnolóxico do proxecto. A través dela, o usuario poderá facer cousas como reconstruír o pasado local e ver en tempo real a época de meirande actividade e importancia dos Lagares de Oímbra, coas súas edificacións, as súas tarefas e as súas escenas “revividas”. Ao mesmo tempo, achégase aos usuarios completa información sobre a historia das adegas e as características do seu viño. En definitiva, a aplicación, amais dunha máquina de tempo, representa unha fonte de experiencias visuais innovadoras, lúdicas, didácticas e turísticas, sinalaron os responsables da mesma na presentación.
Ana Villarino salientou precisamente este factor turístico do proxecto: “Con esta aplicación pretendemos promover o turismo cara aos lagares de Oímbra e levar a cabo un labor de promoción económica das adegas”. A alcaldesa de Oímbra agradeceu o apoio da Deputación de Ourense e subliñou “a importancia de pór en valor por medio da innovación tecnolóxica a riqueza histórica do municipio, que conta coa maior concentración de lagares rupestres”.
Ademais da visualización en 3D dos lagares e da adega centenaria, o visitante poderá ver unha ficha con cada unha das adegas de Oímbra, na que se explica a súa historia e as características do seu viño, segundo explicaron os responsables de Xoia, que salientaron tamén a veracidade histórica que acompañada cada escena, a través do modelado 3D das estancias, xunto a personaxes, mobiliario e accesorios, ademais de animacións que permiten coñecer como se desenvolvía unha determinada actividade.
A ferramenta móbil, que non requirirá de conexión a Internet, só a súa descarga, estará dispoñible en galego e castelán para os sistemas iOS e Android.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?