Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant presenta as súas últimas solucións biométricas en CES 2018
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant presenta as súas últimas solucións biométricas en CES 2018

Redacción
Publicado: 12/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

biometria_signer_01_cabecera.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant vén de anunciar a súa participación na nova edición da feira Consumer Electronics Show (CES 2018), o foro de meirande referencia a nivel mundial en materia de industrias das tecnoloxías de consumo. O evento, no que Gradiant concorre por vez primeira, celébrase estes días (ata hoxe) en Las Vegas, Estados Unidos. Na feira CES, o centro galego ten presenza no pavillón español do ICEX, onde está a mostrar as súas solucións biométricas orientadas a procesos de onboarding dixital (solucións de identificación electrónica de persoas que permiten, por exemplo, a apertura remota de contas bancarias) e KYC (Know Your Customer); así como as ferramentas de inicio de sesión biométrico para dispositivo móbil.
Máis en detalle, Gradiant mostra a integración da tecnoloxía de Verificación de Sinatura Dinámica (DSV polas súas siglas en inglés) nos dispositivos Samsung Galaxy Note. Esta solución, chamada Gradiant Signer, permite acceder e asinar de forma segura calquera documento en calquera lugar, e foi especialmente deseñada para Samsung Galaxy Note.
Ademais, no transcurso do CES 2018 Gradiant está a presentar polo miúdo outras dúas novas solucións. Por unha banda a tecnoloxía faceIDNN, que incorpora un motor de recoñecemento facial baseado en coñecemento profundo (Deep Learning) axeitado para os devanditos procesos de onboarding dixital e de Know Your Customer (KYC polas súas siglas en inglés); e selfie&sign, unha solución de recoñecemento facial para inicio de sesión biométrico con dispositivos móbiles que inclúe un mecanismo de suplantación de identidade baseado na verificación simultánea da sinatura e a faciana.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?