Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os grandes partidos políticos adoitan crear en Twitter comunidades dispersas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os grandes partidos políticos adoitan crear en Twitter comunidades dispersas

Redacción
Publicado: 12/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_eleccions_galegas_twitter.jpgAs contornas políticas máis tradicionais xeran en Twitter comunidades dispersas. Esta, en liñas xerais, é unha das conclusións que se pode tirar do estudo sobre redes sociais e partidos polo realizado polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Martínez Rolán, e maila investigadora da Universidade da Coruña Teresa Piñeiro. En termos máis concretos, o seu traballo buscou afondar na estrutura xerada en Twitter polas principais formacións políticas en Galicia durante a campaña das eleccións municipais de 2015.
O estudo, recollido nun artigo da revista El Profesional de la Información, amosa como os “partidos tradicionais”, PPdeG e PSdeG, artellan en Twitter “comunidades dispersas”, nas que a interacción coa “conta matriz”, o perfil autonómico, vese complementada por “grupos de usuarios que interactuan co partido de maneira indirecta”, o que é reflexo, explica, “do seu asentamento local e a fortaleza da súa estrutura política”.
Este modelo foi tamén o que definiu a actividade de Podemos Galicia durante estes comicios, mentres que formacións como EU e Ciudadanos presentan “redes xerárquicas” na que a relación co perfil da formación é máis directa. O BNG, pola contra, constituíu neste estudo o único caso de “rede heterárquica”, aquela na que se produce unha maior “conectividade” entre as diferentes comunidades de usuarios. Segundo engade Xabier Martínez, “as eleccións municipais son as que temos máis próximas, nas que podemos dirixir aos candidatos ou candidatas de maneira máis sinxela, porén son as menos estudadas”, sinala este investigador, que no artigo Lazos invisibles de la comunicación política. Comunidades de partidos en Twitter en unas elecciones municipales, buscaba analizar a rede de relacións que “se tecen arredor dos partidos políticos nun contexto electoral municipal”, a partires da análise de 53.000 chíos publicados entre 0 20 de abril e o 31 de maio de 2015.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?