Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e Educación suman forzas para impulsar no alumnado as competencias STEM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e Educación suman forzas para impulsar no alumnado as competencias STEM

Redacción
Publicado: 15/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

180115_sinatura_003c.jpgContribuír a que abrolle e medre o talento tecnolóxico e dixital que toda a nosa mocidade leva dentro. Este é o gran obxectivo, en liñas xerais, do acordo que veñen de asinar (hoxe) o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Consellería de Cultura e Educación, un acordo que se insire na vertente máis formativa e divulgativa da actividade do colexio e que implica a renovación do acordo para continuar cos seus programas Navega con Rumbo e Programación nas Escolas. O obxectivo, en palabras das dúas entidades, “é mellorar as competencias dixitais dos estudantes así como asegurar que se desenvolven dun xeito seguro no ámbito tecnolóxico”. A alianza foi formalizada e presentada polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e máis o conselleiro Román Rodríguez.
Segundo engadiron, un total de 250 centros escolares (colexios e institutos de toda Galicia) beneficiaranse este ano de accións específicas no eido da programación informática e no uso seguro dos recursos tecnolóxicos, postas en marcha pola Consellería en colaboración co órgano colexiado de Informática.
O acordo encádrase nunha das liñas da Estratexia de Educación Dixital 2020 da Consellería de Educación como é a de promover as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñerías e Matemáticas) entre a comunidade escolar galega, ao tempo de dotala dos recursos e as ferramentas precisas para o uso seguro da tecnoloxía.
Navega con Rumbo
Navega con rumbo, que xa vai pola súa sétima edición, abrangue tanto ao alumnado como aos docentes e ás familias, guiando ás crianzas cara a unha navegación segura, responsable e útil en Internet e, deste xeito, previr que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso. Doutra banda, tamén fai partícipes aos pais, nais e profesores das recomendacións precisas e que, á súa vez, actúen como correa de transmisión.
Para tal fin, o Colexio de Enxeñaría en Informática encargarase de realizar xornadas divulgativas nos centros escolares Abalar de toda Galicia que chegará a uns 200 centros. Segundo lembran a Consellería e o CPEIG, dende que arrancou o programa no curso 2010/11, que xa se impartiu en 461 colexios e institutos e nas actividades realizadas ao seu abeiro, participaron arredor de 65.000 persoas, na súa maior parte alumnado. Ademais, o programa está apoiado polas Guías de Boas Prácticas elaboradas polo CPEIG e dirixidas a alumnos, familias e profesores, que poden descargarse a través do web www.navegaconrumbo.es.
Programación nas Escolas
Púxose en marcha no curso 2014/15 como unha acción pioneira para iniciar aos escolares no pensamento computacional e na programación informática. Uns 10 centros escolares de Primaria (que se suman aos outros 30 da primeira, segunda e terceira edición) beneficiaranse neste curso desta iniciativa na que as rapazas e os rapaces aprenden a programar dun “xeito lúdico e proactivo”. Para iso, ofrécenselles as ferramentas axeitadas para que comprendan que é un computador, como funciona, e como elas/eles mesmas/os poden crear sinxelas aplicacións interactivas, como videoxogos ou animacións, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?