Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fernando Suárez incorpórase ao seu cargo de director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fernando Suárez incorpórase ao seu cargo de director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense

Redacción
Publicado: 16/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fsuarez_posesion2.jpgFernando Suárez Lorenzo incorporouse hoxe ao seu cargo de director da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, posto para o que fora nomeado o pasado mes de decembro. O presidente da institución provincial, Manuel Baltar, reuniuse hoxe con el e coa directora xeral de Recursos Humanos, Paloma Domínguez, para analizar os temas referidos ás súas funcións, como a xestión e desenvolvemento do ámbito da Transparencia na institución provincial e a execución do programa Provincia Intelixente, así como as labores de actualización, documentación e implementación de novos procesos de innovación nos ámbitos da Transparencia que abrangue a Deputación na provincia de Ourense.
Fernando Suárez, licenciado en Informática pola Universidade da Coruña, é un dos impulsores do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG). Conta cunha destacada experiencia na implementación da e-Administración e da innovación na Administración Local, sendo responsable de proxectos como o Smart iAGo, e ocupando postos como o de xefe de sección de Sistemas, Comunicación e Innovación. Conta asemade cunha ampla formación en campos como a administración electrónica, smart cities, transparencia, certificado dixital, Big Data, materias das que ten impartido e dirixido numerosos cursos.
Entre os cargos que ten ocupado destacan a Presidencia do Colexio Profesional da Enxeñería Informática de Galicia (dez anos), a Vicepresidencia da Comisión de acreditación Euroinf da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade; a vogalía da Comisión de avaliación de enxeñería e informática da Axencia para a calidade do sistema universitario de Galicia, e o de xefe de Sistemas da Axencia de modernización tecnolóxica de Galicia. Ademais, é membro do Foro nacional de confianza dixital da Secretaría de Estado de Telecomunicacións, e ten oito libros publicados en distintas materias no ámbito da Enxeñería Informática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?