Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carlos Abal, novo presidente de Ineo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carlos Abal, novo presidente de Ineo

Redacción
Publicado: 18/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

carlos_abal.jpgA asociación Ineo, a referencial alianza de empresas galegas de novas tecnoloxías, ten novo presidente. Trátase de Carlos Abal, que substitúe no seu cargo a Giovanni Giardina, o principal responsable da entidade dende outubro de 2016. Segundo fixo saber Giardina sobre o peche da súa andaina á fronte de Ineo, o seu labor á fronte da entidade tiña dende a súa orixe unha natureza temporal, de tempo limitado, xa que o seu obxectivo foi o de impulsar a presidencia rotativa dentro da xunta directiva, “para así garantir a esencia participativa e colaborativa que rexe a entidade”. Por este motivo, Giardina non se desvincula da directiva senón que seguirá nela como secretario-tesoureiro, cedendo o seu cargo (previo acordo unánime dos demais membros da xunta), a Carlos Abal, anterior secretario-tesoureiro.
Pola súa banda, Carlos Abal, socio e director técnico da empresa Open Soft Servizos Informáticos, fixo saber que dará continuidade ás liñas de acción marcadas pola xunta directiva ao comezo do seu mandato: “Póñome á fronte de Ineo con moita ilusión para continuar facendo realidade os obxectivos que nos marcamos ao comezo do mandato. Por tanto, non haberá ningún cambio de estratexia, somos a mesma directiva e seguiremos co plan de acción que iniciaramos, simplemente houbo un cambio da cabeza visible da asociación”. Segundo engadiu respecto dos programas de estratexias futuras, “como representantes do sector TIC galego, seguiremos traballando para crear sinerxías a nivel nacional e internacional para as nosas empresas, para darlles visibilidade e un mellor posicionamento, axudalas a que sexan máis competitivas e para capacitar aos nosos profesionais, como viñemos facendo ata a data”.
jornada_ineo_y_cep.jpg O novo presidente de Ineo foi o encargado de inaugurar esta mañá, xunto con Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), unha xornada organizada en Vigo por ambas as entidades sobre o novo regulamento europeo de protección de datos e canon dixital, que contou cun centenar de asistentes. Na súa intervención, Carlos Abal salientou a relevancia desta xornada para coñecer as novidades e esixencias que introduce o novo regulamento: “Nas empresas aínda se detecta descoñecemento e unha falta de adaptación ás esixencias do mesmo”. Así mesmo, engadiu que “estamos ante unha normativa bastante ríxida, onde as sancións ligadas aos incumprimentos son severas, polo que é moi importante unha pronta e rápida adaptación”.
Como dixemos, na cita participaron representantes de preto de 100 entidades galegas de distintos sectores. O seu obxectivo foi coñecer, de primeira man, os novos marcos regulamentarios no ámbito de protección de datos e canon dixital, e informarse dos seus principios reitores, implicacións prácticas e as posibles sancións derivadas do seu incumprimento.
Os encargados de detallar as novidades sobre as devanditas cuestións foron os avogados Jose Nogueira, experto en sector TIC e director executivo (CEO) en Sistemius; Francisco J. Abalde, socio de Auren Avogados; e Fabián Plaza, experto en protección de datos e dereito informático.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?