Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concurso Lucus Intercentros retransmitiuse en streaming grazas ao alumnado da Fundación TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concurso Lucus Intercentros retransmitiuse en streaming grazas ao alumnado da Fundación TIC

Redacción
Publicado: 19/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_lugo_fundacion_tic_interlucus_concurso.jpgEste 19 de xaneiro entregáronse en Lugo os premios da sétima edición do Concurso Lucus Intercentros do IES Muralla Romana. No acto, unha xornada lúdica e formativa organizada polos estudantes de Asistencia á Dirección do dito centro lucense, participou o responsable de Deportes e Mocidade na Deputación de Lugo, Pablo Rivera. O certame foi retransmitido en directo con tecnoloxía streaming polos estudantes da Fundación TIC (Deputación de Lugo), que editarán un DVD co material gravado co fin de contribuír á difusión da actividade.
A xornada, como dixemos, está organizada polos alumnos de Administración e Xestión do IES Muralla Romana, coa axuda da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS, Fundación TIC), da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e o departamento de Informática do CIFP Politécnico de Lugo.
A sétima edición do certame reuniu a alumnos e profesores dos institutos de Educación Secundaria públicos de Lugo: Anxel Fole, Lucus Augusti, Nosa Señora dos Ollos Grandes, Xoan Montes, Leiras Pulpeiro, San Xillao e Muralla Romana. Ao longo da mañá disputáronse distintas probas eliminatorias ás que se enfrontaron os equipos participantes. Os alumnos sometéronse en cada unha delas a dez preguntas tipo test elaboradas por profesores das distintas áreas do instituto anfitrión.
Retransmisión en streaming
Dez alumnos e alumnas de segundo curso de Realización Audiovisual da Escola da Fundación TIC, baixo a supervisión dun docente, encargáronse da transmisión en streaming. Os estudantes rotaron entre os postos de realizador, mesturador, son e cámara. Estre traballo rotativo tivo o obxectivo de permitir que todas e todos tiveran as mesmas oportunidades de aprendizaxe. A de hoxe foi a primeira experiencia cunha práctica fóra das instalacións da Escola este ano. Segundo informa a Deputación de Lugo, repetirase esta oportunidade no Campionato Internacional de Baristas que se celebra dentro dun mes no Concello de Foz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?