Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponteareas e a UVigo xuntan forzas a prol da innovación e o eido smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponteareas e a UVigo xuntan forzas a prol da innovación e o eido smart

Redacción
Publicado: 19/01/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_concello_ponteareas.jpgO Concello de Ponteareas e a Universidade de Vigo asinaron este 19 de xaneiro un convenio de colaboración destinado a promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento científico e tecnolóxico, procurando “unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da sociedade”. O acordo foi rubricado polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas. Segundo fixeron saber, grazas ao convenio as dúas entidades comprométense a traballar conxuntamente a prol da investigación e a innovación e a organizar, ombro con ombro, actividades académicas como cursos, simposios ou seminarios. Asemade, impulsarán o proxecto local de Cidade Intelixente (Smart City).
Para o alcalde de Ponteareas este convenio de colaboración, que ten unha duración de catro anos, é “o primeiro paso para unha longa relación na que todos os esforzos irán destinados a apoiar ás mentes máis inquedas que queiran abrir novos eidos na investigación”.
Ao abeiro do programa local Ponteareas, Hábitat Saudable e seguindo as liñas deste convenio asinado hoxe tamén se contempla a posta en marcha dun centro de dinamización da innovación e emprendemento (viveiro de empresas) e a definición da plataforma Smart City na que se implantará o control dos servizos como o da calidade da auga, contaminación acústica e tráfico, entre outros servizos, dos que se irá dando conta en datas vindeiras e a medida que se vaia dando novos achados.
Na xuntanza, o rexedor propuxo a posta en marcha dunha mesa de traballo para “concretar o deseño deste centro de dinamización que mellor se adapte ás necesidades de Ponteareas”. Para este proxecto a Universidade aportaría a súa experiencia e coñecemento técnico e cientítico. A idea é que amais de ser un espazo innovador, tamén sexa práctico para toda a cidadanía de Ponteareas e da comarca e mesmo para a Universidade.
Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo adiantou a necesidade de estreitar esta relación pola proximidade e polo obxectivos comúns e puxo enriba da mesa a definición dun plan de accións anual e “a importancia de trasladar as capacidades dos Campus á cidadanía con proxectos máis próximos e visibles que xeren dinámicas de entendemento”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?