Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo e a USC fortalecen a enerxía innovadora do campus local
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo e a USC fortalecen a enerxía innovadora do campus local

Redacción
Publicado: 22/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o reitor da USC, Juan Viaño Rey, acompañados polo vicerreitor do Campus de Lugo, Javier Bueno
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o reitor da USC, Juan Viaño Rey, acompañados polo vicerreitor do Campus de Lugo, Javier Bueno
A Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago veñen de xuntar forzas, novamente, para situar o campus da cidade da Muralla entre os máis importantes do ámbito estatal e europeo en materia de innovación. Segundo fixeron saber hoxe Darío Campos e Juan Viaño, os máximos responsables das dúas entidades (respectivamente), o cometido de facer visible o Campus de Lugo no mundo parte dos mellores vimbios: o amplo potencial creador e investigador da comunidade universitaria local. O convenio de colaboración tradúcese en primeira liña no seguinte: 400.000 euros de orzamento conxunto (350.000 da Deputación e 50.000 a USC). Esta é a contía da que parte a quinta edición do Plan de Choque na universidade lucense.
Na sinatura do acordo, celebrada no Pazo de San Marcos, o presidente subliñou que “este convenio enmárcase na nosa aposta por unha educación pública de calidade; por ofrecer facilidades de acceso á mesma, contribuíndo á igualdade de oportunidades dende unha administración como a Deputación de Lugo que aínda non ter as competencias directas en Educación, pois estas son da Xunta, defende que os fondos públicos deben ser para potenciar o público e o Estado do Benestar; e por fomentar o Campus de Lugo”.
Segundo engadiu Darío Campos, o alicerce do que parte este novo plan de choque da universidade local é un alicerce firme e feito dos mellores materiais. De feito, o Campus de Lugo é recoñecido como un dos mellores en España segundo o U-Ránking e atesoura grande prestixio internacional. Ademais, sinalou, “Lugo salienta pola súa calidade de vida e polo bo acoller de todos os lucenses, como así o apuntan 9 de cada 10 estudantes da universidade local”.
Viaño Rey, pola súa banda, agradeceu o apoio do actual presidente da Deputación, fixo un percorrido polos principais fitos acadados ao longo desta recente cooperación e avanzou algúns dos principais fitos vindeiros. Entre os principais logros atópanse os seguintes: o plan de promoción de Lugo como cidade universitaria e das titulacións do Campus (que conseguiu aumentar a taxa de ocupación nas titulacións de grao, pasando dunha taxa do 62,9% no 2014 ao 70,5% na actualidade), o plan de bolsas para gastos de matrícula nas titulacións con problemas de demanda no Campus Terra (a través do que acadou un medre do 3% no número de estudantes de novo ingreso en titulacións de grao), o plan de captación de estudantes doutras nacionalidades para as titulacións do Campus Terra (cunha cifra de alumnos doutros países que se sitúa en 1.143), o impulso da docencia semipresencial ou a distancia mediante a implantación de novas tecnoloxías (que deu como resultado a contratación dun técnico para o estudo eTerra) ou o pulo á divulgación científica (coa posta en marcha do Máster en Produción de Leite, o Simposio Nacional de Enxeñaría Hortícola ou o uso de drons e satélites en agricultura).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?