Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lalín e a contorna de Vigo acollen unha ducia de obradoiros SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lalín e a contorna de Vigo acollen unha ducia de obradoiros SmartPEME

Redacción
Publicado: 22/01/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vigo_smartpeme.jpgA rede SmartPEME da Deputación de Pontevedra comezou o ano con forza. Amais dos obradoiros dados a coñecer a semana pasada para Cambados e Pontevedra, catro obradoiros en cada sede (oito en total), estes días puidemos saber de once actividades máis para o que resta de xaneiro nas sedes de Lalín e nas da comarca de Vigo. En total, serán tres novos cursos sobre novas tecnoloxías profesionais para Lalín e oito para a contorna viguesa (catro en Vigo, dous en Ponteareas e dous no Porriño). Como lembraremos, SmartPEME é a rede TIC de formación e asesoramento impulsada pola Deputación de Pontevedra, a rede SmartPEME (con sedes operativas en Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados, Lalín e, a partir de datas vindeiras, tamén na Estrada).
Respecto de Lalín, o Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000 acollerá, durante o que resta de mes de xaneiro, tres novos obradoiros ao abeiro da rede TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra. Estes cursos, todos eles en horario de 19:00 horas, terán como seguinte evento Fotografía e vídeo para establecementos de turismo e hostalería, este luns 22 de xaneiro. Logo, o xoves 24 organizarase o obradoiro Google Calendar, moito máis que unha axenda. Por último, o mércores 31 de xaneiro desenvolverase a actividade formativa Guía de boas prácticas para redes sociais.
As quendas na oficina de Vigo desenvolveranse o martes 23 de xaneiro, co curso Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais. A mesma semana, o venres 26 de xaneiro, Vigo acollerá o obradoiro Woocommerce II-A solución para vender por internet. Por último, o martes 30 de xaneiro, as persoas interesadas poderán asistir ao obradoiro de Aprende a promover a túa empresa con Pinterest. A oficina SmartPEME de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, núm. 3. Os catro obradoiros comezarán ás 19 horas.
Pola súa banda, a oficina de Ponteareas acollerá o venres 26 de xaneiro o curso O ámbito das novas tecnoloxías e RRSS no sector turístico. O mércores 31 de xaneiro, celebrarase o obradoiro Colabora co teu equipo dun xeito máis sinxelo. A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, núm. 5. Todos os cursos tamén comezarán ás 19 horas.
Por último, a oficina do Porriño acollerá o martes 23 de xaneiro Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais e para rematar, o luns 29, o obradoiro Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas. A oficina SmartPEME do Porriño, no Multicentro do Concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
O Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?