Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Porco Bravú leva un dos seus proxectos a Infomix
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Porco Bravú leva un dos seus proxectos a Infomix

Redacción
Publicado: 22/01/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

el_comediante_12615356_10153916753598966_5612718966619195447_o.jpgO Comediante, curtametraxe da produtora galega Porco Bravú, vén de estrearse en exclusiva na canle de televisión en liña Infomix, a pioneira plataforma tecnolóxica de vídeo baixo demanda adicada a impulsar o novo talento audiovisual dos creadores do ámbito estatal. A peza, dirixida e producida por Óscar Cruz, dá o chimpo a Infomix cos mellores precedentes: o éxito de público na súa estrea o pasado ano no Fórum Metropolitano da Coruña. Agora, grazas á súa inclusión na plataforma poderá verse sen pequenas ataduras propias dun certame audiovisual, coas súas datas e os seus espazos propios de proxección, ou sexa, “a calquera hora e dende calquera lugar”.
O argumento xira arredor de Óscar, un mozo de 26 anos que soña con ser cómico, que está só, que vén de ser abandonado pola súa moza e que ten o único apoio moral de dous amigos, Julio e Julio. Máis adiante decidirá presentarase a un concurso de monólogos co material que leva preparando durante anos. Con todo, a tres días da cita recibe unha chamada da súa ex informándoo de que estará unha noite en Coruña, a mesma noite do concurso.
comediante_bravu.jpgInfomix, como lembraremos, pasa por ser a primeira canle española de televisión en liña que impulsa o talento novo audiovisual, con variedade de contido á carta de produción propia e externa. O proxecto nace en 2014 por “mor da carencia de formación práctica que actualmente existe nas aulas universitarias de Comunicación (Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade)” e pola “pouca difusión que teñen as obras audiovisuais realizadas por mozos creadores”. Infomix aposta polas ideas innovadoras e os seus programas céntranse no contido snack (doado de consumir e en calquera recanto) e evergreen (sen data de caducidade). Infomix contou, a longo do seu proceso de materialización, co apoio de Think Big de Fundación Telefónica, o programa Yuzz de Santander Universidades, o micromecenado de Ron Ritual e o apoio da Escola de Organización Industrial (EOI), entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?