Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago contará con novo portal, nova intranet e novo equipamento de telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago contará con novo portal, nova intranet e novo equipamento de telecomunicacións

Redacción
Publicado: 22/01/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_santiago_xan_duro-2.jpgO Concello de Santiago vai investir 1,2 millóns de euros en cinco vertentes do ámbito da Administración Electrónica, ou sexa, 1,2 millóns de euros a prol dunha relación máis estreita, activa e eficiente entre Administración local e a cidadanía a través das novas tecnoloxías da información. Estes cinco eixes son: un novo portal web e intranet municipal, nova infraestrutura de telecomunicacións, equipamento de servidores, postos de traballo informatizados para a Administración Electrónica e un sistema de dixitalización certificada e de xestión documental.
Estas liñas de traballado foron debulladas o pasado 19 de xaneiro polo concelleiro Xan Duro, logo da inclusión na EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado), por parte do Goberno local, do proxecto local de infraestrutura TIC para a eAdministración, de cara á súa tramitación ante o Ministerio de Facenda. Segundo fixo saber, estas medidas son froito da “decidida aposta que ven facendo o Goberno de Compostela pola modernización da administración municipal, que ao tempo facilitará tamén os retos da transparencia e o bo goberno”. Ao fío disto, lembrou que xa comezou o procedemento de adxudicación da plataforma da eAdministración, financiada con fondos propios, e que para a súa implantación precisará da infraestrutura TIC que se incorpora á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado.
As medidas a tomar, polo miúdo
Xan Duro, edil de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, explicou que a operación que se incorpora á EDUSI conta con cinco liñas de traballo. A primeira está relacionada coa posta en marcha dunha nova web e dunha intranet municipal, á que se destinarán 150.000 euros, e que estará “concibida como unha plataforma única que recolla todos os servizos e información relevante tanto para o funcionamento interno do Concello como para a cidadanía”.
En segundo lugar, contémplase a implantación dunha nova infraestrutura de telecomunicacións, cun orzamento de 275.000 euros, e “que permitirá habilitar ata 70 puntos Wi-Fi unificados na institución municipal”.
A terceira das medidas é o subministro dunha nova infraestrutura de servidores, á que se destinarán 190.000 euros, co obxectivo de “garantir a capacidade que precisará o Concello de Santiago para as novas aplicacións que se irán implantando”.
Por último, prevese a renovación dos postos de traballo informatizados para a plataforma da eAdministración, cun investimento de 525.000 euros; e a posta en marcha dun sistema de dixitalización certificada e xestión documental que custará 60.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?