Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sétima edición dos INCUVI-Emprende premiará novamente o enxeño innovador universitario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A sétima edición dos INCUVI-Emprende premiará novamente o enxeño innovador universitario

Redacción
Publicado: 25/01/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

incuvi1a.jpgOnte no Politécnico presentáronse os detalles da sétima edición dos Premios INCUVI-Emprende da Universidade de Vigo, destinados a apoiar, recoñecer e impulsar os novos proxectos galegos destinados a marcar un antes e un despois na nosa relación coas tecnoloxías e co coñecemento. Proxectos de emprendemento postos en marcha por mozas e mozos acabados de saír dos tres campus da UVigo (catro iniciativas do de Ourense, dous do de Pontevedra e seis do de Vigo). Segundo se fixo saber, o prazo para presentar achegas ficará aberto ata o 31 de xaneiro. O acto contou coa presenza José María Faílde, director da Área de Descentralización do Campus de Ourense, que salientou que os premios brindan “un de preincubación dun ano de duración” no que as persoas beneficiarias “contan co apoio das institucións para transformar as súas ideas en proxectos emprendedores”.
Alejandro Martínez, director da Área Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, foi o encargado de explicar os asistentes as características da convocatoria, á que se pode presentar tanto alumnado da Universidade de Vigo de grao, mestrado e doutoramento como persoas tituladas no curso 2014/2015 ou posteriores.
Os premios, sinalou Martínez, fornecen aos proxectos gañadores de actividades formativas e de asesoramento, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora correspondente. “As propostas”, dixo, “poden ser elaboradas de xeito individual ou en grupos formados por un máximo de catro persoas”. Amais, engadiu, a súa temática deberá encadrarse nalgún dos eidos de coñecemento contidos nos plans de estudo da Universidade de Vigo: artes e humanidades; ciencias; ciencias da saúde; ciencias sociais e xurídicas e enxeñaría e arquitectura.
Entre as novidades desta edición, Alejandro Martínez destacou a incorporación da Xunta de Galicia ao panel das entidades colaboradoras e cambios no proceso de selección, que nesta edición contará con tres fases: unha primeira de entrevista persoal ante un panel de persoas expertas en emprendemento, unha segunda consistente nun obradoiro de ideas para as iniciativas preseleccionadas e unha terceira de presentación ante a comisión de selección.
No acto tamén interveu Ricardo Capilla, director do Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole, entidade na que se instalan durante un ano os proxectos gañadores dos INCUVI-Emprende de Ourense. Capilla salientou que se trata “dunha oportunidade única e moi interesante”, cuns importantes premios que achegan aos emprendendores e emprendedoras “a posibilidade de pórse en contacto con empresarios” do ámbito estatal e internacional e “desenvolverse nunha contorna empresarial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?