Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG ilustra aos escolares de Sanxenxo sobre as vantaxes e os riscos das redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG ilustra aos escolares de Sanxenxo sobre as vantaxes e os riscos das redes

Redacción
Publicado: 25/01/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cartel_charla.jpg O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartirá hoxe 25 de xaneiro unha charla no CEIP Noalla-Telleiro (Estrada. da Lanzada, 140. Noalla) de Sanxenxo, sobre os aspectos positivos e enriquecedores das redes sociais e Internet e sobre os riscos derivados dun mal uso destas tecnoloxías. O coloquio, organizado polo colexio, a AMPA O Telleiro e a Asociación de Veciños San Esteban de Noalla, celebrarase ás 20:30 horas na biblioteca do centro escolar.
A xornada informativa, dirixida a escolares, pais, nais ou titores, organízase con motivo do Día da Protección de Datos (efeméride que se conmemora o 28 de xaneiro, promovida polo Consello de Europa, a Comisión Europea e todas as autoridades de protección de datos dos países membros da Unión Europea), e estará impartida polo colexiado Iván Luis Vázquez, quen avaliará a evolución da nosa sociedade cara ao dixital, e na que xorden termos como o nativo dixital ou os nacidos a partir de 1980 e o inmigrante dixital ou aquelas persoas que naceron entre 1940 e 1980.
Porén, de maneira máis ampla, Iván Luis explicará que é Internet e os seus usos como un medio de comunicación para “informar, comunicar e entreter”. Ademais, analizará a influencia das redes sociais, falando de conceptos como a identidade dixital ou a pegada dixital.
Iván Luis tamén falará dos perigos dun uso incorrecto de Internet, un emprego sen a debida formación previa, “desde o feito de consumir ou xerar contido desaxeitado ou falso, sentir a obriga de estar sempre conectado e sufrir roubo de información ou suplantación de identidade”. Ademais, fará especial fincapé en “algo máis cotián, pero non menos perigoso” como é a perda da intimidade, privacidade e confidencialidade, onde xorden delitos como o coñecido ciberbullying no que rapaces e rapazas empregan as redes sociais e a mensaxería instantánea para agredir psicoloxicamente a outro rapaz. Por outra banda, comentará outro delito de acoso sexual a menores coñecido como grooming, ou a práctica de producir ou reenviar contidos eróticos ou pornográficos de menores.
Segundo o estudo Screening do uso problemático de internet entre os adolescentes da comunidade galega, elaborado en 2014 pola Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago e o Valedor do Pobo para coñecer os hábitos de uso de Internet entre os estudantes de ESO en Galicia (255 centros participantes e 44.051 adolescentes de 12 e 17 anos), un 71% dos enquisados afirmaron que usaban a diario internet, o 13,5% conéctase máis de 5 horas ao día (22,9% no fin de semana) e un 81% accede a través do seu móbil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?