Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sorteo telemático de Merca e Gaña na provincia Lugo saldouse con 40 gañadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sorteo telemático de Merca e Gaña na provincia Lugo saldouse con 40 gañadores

Redacción
Publicado: 26/01/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_premios_merca_e_gana_nadal-2.jpgEste venres, na sede do Cárcere Vello de Lugo, entregáronse os galardóns da campaña Merca e Gaña polo Nadal, que puxo en marcha a Deputación provincial coa colaboración da Federación e do Concello, no caso da capital, co obxectivo de incentivar as compras nos 5.500 establecementos que hai en todos os municipios lucenses durante as devanditas datas. No acto fíxose saber (entre outras cousas) que a campaña acadou uns beneficios de 1,6 millóns de euros, que son o valor das 27.000 compras rexistradas. Ademais, lembrouse que os tíckets das mesmas participaron nun sorteo por Internet (a través da web www.nadalmercaegana.com) do que resultaron 40 gañadores de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200.
Na cita de hoxe, os premiados recolleron os seus agasallos, dun total de 10.000 euros, que poderán destinar a máis compras no comercio local da provincia. Asemade, proxectáronse os vídeos de promoción dos establecementos lucenses feitos pola Fundación TIC e pendurados nas redes.
No evento participaron o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López.
O sorteo dos galardóns de 10.000 euros de Merca e Gaña polo Nadal fíxose ante notario, incluíndo no mesmo os 27.000 tíckets con compras de 1,6 millóns de euros. Os veciños que resultaron gañadores son os seguintes:
– Recibiron tarxetas de 300 euros: Rosario García Maseda, de Vilalba; Ana Pernas Cendán, de Vilalba; Marta López Rodríguez, de Lugo; Begoña López Silva, de Lugo; Amador Pardo, de Lugo; Isolina Rodríguez López, de Lugo; María Manteiga Valle, de Rábade; Jennifer Quiroga Cela, de Sarria; Ángel Gorgoso Belda, de Lugo; María Eugenia Fernández Touzón, de Lugo; Ángela Rincón Rodríguez, de Sarria; José Ramón Irimia Souto, de Lourenzá; Fabio Jato Alonso, de Lugo; María Carmen Rivas Rodríguez, de Foz; Montse López, de Sarria; Mª del Carmen González González, de Covas en Viveiro; Silvia Dopazo Fernández, de Lugo; María Teresa Fernández Luaces, de Monforte; Germán Ramírez, de Chantada; María Fernández Torneiro, de Lugo.
– Recibiron tarxetas de 200 euros: Patricia Vázquez Pena, de Viveiro; Pilar Arias Goyanes, de Sarria; Nerea Diéguez Porto, de Taboada; M. Nieves Cando López, de Burela; Cristina Fraga Novo, de Foz; Daniel Río Trigo, de Foz; Beatriz Irigoyen Vázquez, de Ribadeo; Susana Corbelle Gómez, de Lugo; Ana de Castro Rego, de Ribadeo; Cristina Otero Sanmiguel, de Guitiriz; Sonia Fernández Longarela, de Mondoñedo; Yasmina Díaz Rodríguez, de Sarria; Tamara Gayoso Felpeto, de Vilalba; Yolanda Lara Cruz, de Lugo; Miguel Ángel Doel Arias, de Lugo; Yolanda Maciñeiras Soengas, de Monforte; Dolores Nieto Milla, de Lugo; Anita Pérez Santín, de Becerreá; Antonio Souto Prieto, de Vilalba; e Marcos Cambeiro Vázquez, de Lugo.
Concurso de Escaparates de Nadal
Durante a entrega destes premios, tamén se coñeceron os 3 gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal, co que se busca pór en valor o traballo dos profesionais do sector do comercio. Participaron 23 establecementos da capital lucense, pois esta iniciativa partiu do Concello de Lugo e da Federación. Os galardoados son Confecciones García, Óptica de la Torre e Peletería Lucus.
Colaboración da TIC da Deputación
Durante o acto, como dixemos, proxectáronse os vídeos de promoción sobre os establecementos da provincia que elaborou a Fundación TIC da Deputación co obxectivo de “incentivar as compras no comercio local da provincia”. Segundo engadiu Darío Campos, a devandita foi unha iniciativa máis da campaña Merca e Gaña polo Nadal. Esta desenvolveuse dende o 6 de decembro ao 6 de xaneiro. Durante este período, todas as persoas que mercaron en calquera dos establecementos da provincia rexistraron (eles mesmo ou coa axuda dos comerciantes) os seus tícket de compra, que foron un total de 27.000, na páxina web específica www.nadalmercaegana.com. Todos eles formaron parte do sorte dos premios de 10.000 euros entregados hoxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?